Saímos de excursión ao auditorio de Abanca en Santiago a ver "A nena e o grilo no barquiño" de Magín Blanco. Esta é a segunda parte da obra musical de Magín Blanco.
Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de
aventuras polo mundo onde atopan ata dragóns!. A nena e o grilo, estában interpretados pola actriz Montse Piñón e o actor
Pablo Patinho, integrantes da compañía Teatro Ghazafelhos.
Páginas
sábado, 3 de marzo de 2018
Fotocall de Entroido
Estas son as fotos de cando nos disfrazamos para participar no fotocall de Entroido organizado polo equipo de Extraescolares no escenario da Biblioteca. Tedes máis información na web do cole premendo AQUÍluns, 26 de febreiro de 2018
Rosalía tamén vive aquí!
O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Fixemos unha "visita virtual" á casa museo de Rosalía e lembramos cousas da súa vida. Na clase participamos na actividade proposta polo EDNL do Concello de Ames elaborando un cartel en tamaño A3 onde ilustramos un poema
de Rosalía. Escollimos entre varios poemas o que máis nos gustou ("pasa, río, pasa río...") e entre todos uns escribiron o texto e outros fixeron os debuxos e así participamos todos. Despois, levamos a casa unha copia que tiñamos que pendurar
nos nosos edificios. Podedes ver AQUÍ neste enlace coa web do cole mais imaxes e datos
desta actividade. Para ver o resto dos poemas que fixeron os alumnos do colexio premede AQUÍ.
xoves, 15 de febreiro de 2018
Festa de Entroido na clase: baile de disfraces
Rematamos a semana celebrando unha festa de Entroido, na que viñemos estupendos disfrazados da casa, compartimos unha merenda con productos típicos, fixemos un baile na clase e despois baixamos ao patio cuberto con todo infantil. Podedes ver tamén a web do cole onde tedes máis fotos nosas.
(Moitas grazas pola vosa colaboración cos disfraces e cos postres!)
Etiquetas:
antroido,
conmemoración,
coñecemento,
festa
mércores, 14 de febreiro de 2018
Entroido pirata
Esta semana de Entroido seguimos os mandadiños do Meco para vir disfrazados de Piratas. (Moitas grazas pola vosa colaboración!). Tamén fixemos un pequeno proxecto para averiguar cousas sobre eles, os seus barcos, materiais e costumes. E estamos a ver un corto sobre o libro "A illa do tesouro" de Robert Louis Stevenson.
Etiquetas:
animación á lectura,
antroido,
historia,
libro,
PROXECTO
domingo, 4 de febreiro de 2018
Os mandadiños do Meco
Do 5 ao 9 de febreiro celebraremos o Entroido no
centro, polo que pedimos a vosa colaboración para que os vosos fillos e fillas
traian da casa o que mande o Meco (é acumulativo).
Os mandadiños para esta semana son:
LUNS: "Se pirata queres
ser, un pano na cabeza terás que traer"
MARTES: "Se o mar queres
conquistar, bigote ou barba has pintar"
MÉRCORES: "Un parche nun
ollo traerás e un bravo pirata serás"
XOVES: "Se o desfrace
queres completar, un prismático ou un garfo terás que levar"
VENRES: os nenos e nenas poderán vir disfrazados
libremente do que elixades. E, como vos decía na nota que levaron, faremos unha degustación de doces de entroido na clase, polo que pedimos a vosa colaboración para que ese día, no lugar da merenda habitual, enviedes polos nenos algún doce típico para compartir entre toda a clase.
Moitas grazas pola vosa
colaboración. Un saúdo
xoves, 25 de xaneiro de 2018
Un conto de Nadal "diferente"
Pintamos e poñemos voz a esta historia na que contan o que lle pasa ás árbores que usamos no Nadal e como os nenos buscan unha solución. Planificamos as escenas para que todos pudésemos participar e despois de ter o "story board" (que nos fixo un debuxante coas nosas ideas), encargámonos de darlle cor e pensamos as frases que acompañarían cada escena.... A parte de gravar foi o que máis nos costou e tivemos que repetir algunhas veces. Pero o conto e a idea de conservación das árbores foi o que máis nos gustou....
xoves, 11 de xaneiro de 2018
Fixemos un alfabeto
En este video estamos lendo o noso alfabeto:
xoves, 4 de xaneiro de 2018
Festa de fin de ano na clase!
O derradeiro día de clase celebramos unha festa de fin de ano: moi elegantes, con baile e chocolate con churros. Puxemos a "mesa de gala" entre todos e comimos as larpeiradas de Nadal que trouxeron da casa para compatir cos compañeiros (foron tantas que deixamos algunhas para outra festa á volta de vacacións ou ilas tomando aos poucos nas merendas. Moitas gracias pola vosa colaboración!).
Despois tomamos as uvas coas campanadas
do reloxo da Porta do Sol, escoitamos un villancico dos pequenos de 3
anos e rematamos bailando xunto cos nenos das outras clases.
Foi un día
moi divertido!
Etiquetas:
conmemoración,
festa,
tradicións
martes, 2 de xaneiro de 2018
Unha carta na oficina de Correos
A encargada explicounos con mooooita paciencia todo o proceso que sigue unha carta desde que a entregamos. Despois ensinounos o material (cascos, chalecos, motos, carriños...) que usan os carteiros, que en Bertamiráns son 13. Un deles é Xavi, o pai de Airas, que estaba aínda máis emocionado que os outros nenos.
domingo, 10 de decembro de 2017
Chegou Nadal!
Preparamos o Nadal: montamos e decoramos a árbore e pintamos un mural para a historia que inventamos sobre onde poden acabar todas cando remata o Nadal. (xa vola contaremos!).
Tamén fixemos grilandas para decorar o cole cos anacos de tea que vos pedimos.
Costounos traballo pero quedounos unha grilanda moi bonita!
Contamos o conto "Un agasallo diferente". Unha historia de Kalandraka que comeza cun extrano agasallo que en principio deixa decepcionado ao que o recibe, pero que fala da capacidade de Marcel e Tristán (ou calquer neno) para desenvolver a súa
imaxinación e disfrutar con calquer cousa sin necesidade de que sexa o xoguete máis caro ou máis moderno.
Para eles,
calquier cousa, neste caso un anaco de tea, pode converterse nunha fonte de
diversión e vémolo cada día por exemplo na sala de psico onde da caixa dos retallos saen saias de princesa, capas de superherois, vestidos, tendas de campaña, panos piratas e todo tipo de cousas que inventan sobre a marcha deixando paso á súa creatividade....
(nesta montaxe tedes algunhas fotos de como o fixemos todo)
Etiquetas:
árbores,
conmemoración,
coñecemento,
Nadal
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

































