domingo, 22 de marzo de 2020

Como lavar as máns

  Hoxe Jhon E. quere compartir con todos un video no que nos ensina o xeito correcto de lavar as máns. Prestádelle atención porque o fai moi ben axudado por mamá e papá. Moitas gracias aos tres!


   Tamén nos mandou este outro moi simpático especialmente dedicado a Martín  polo xogo do tres en raia!.
 E quixo compartir con nos o cumple da avóa. Desde aquí tamén lle desexamos feliz cumpleanos !
 E algunhas das tarefas que está a facer:


sábado, 21 de marzo de 2020

Jhon E. e o xogo das tapas

Hoxe  é Jhon E. quen comparte con nós o que está a facer na casa e nos manda estas fotos.


   Mirade o xogo de tapas: ademáis de xogar coas letras compoñendo palabras, está reciclando empregando un material que temos polas casas!



 

venres, 20 de marzo de 2020

Martín e o tres en raia

Martín sigue traballando arreo coas propostas e tamén na cociña!. Hoxe dibuxou a papá no seu día!
Seguro que este biscoito está igual de doce que o noso Martín!
 
 Traballando coas grafías e as letras e coas construccións.

   E mandounos este video xogando ao tres en raia e ademáis de divertirse está desenvolvendo a coordinación óculo manual, lóxica matemática, estratexia e concentración!. Póñovos este enlace AQUÍ para que vexades moito máis sobre este xogo que ven de Oriente. En ese blog de María Mayorga In Natura que vos enlazo, vemos como podemos facer o noso propio tres en raia con elementos naturais...

 

xoves, 19 de marzo de 2020

Experiencias cos seres vivos da casa

 Esta é unha  proposta de actividades/ experiencias que vos facemos desde o nivel para realizar durante estos días cos seres vivos que temos polas casa. Son doadas de facer e só precisamos cousas que temos de xeito habitual polas casas.


premer aquí


Lia tamén traballa na casa!

  Acaban de chegarme estas fotos de Lia e o seu irmán Jan. Traballando un montón!. E transmitíndonos a súa mensaxe e bicos!


 Quedamos na casa!

mércores, 18 de marzo de 2020

Tarefas Euquedonacasa

  Boas! estamos subindo na web do cole actividades e propostas para que os nenos manteñan unha rutina de traballo fora da escola. Tedes acceso  AQUÍ. En breve habilitaremos unha aula virtual ou plataforma para todo o alumnado. Na proposta 1 están unha serie de rutinas e actividades para os primeiros días, na 2 a  actividade de "detective de pegadas" e na 3 experiencias  que podemos facer coas plantas e animais que temos pola casa. Evidentemente non son para facer todas, son orientacións así como as dos outros niveis.

   De momento poñovos aquí estas  que estarían incluidas nas rutinas diarias. (Copiade as imaxes para imprimilas e completar cada día, pero abrídeas antes de copialas para que se vexan ben).

 Este é o calendario que  estábamos a cubrir na clase.



Facer o mesmo co rexistro do tempo, teñen que riscar e a fín de mes facer o reconto total.
E rematamos con outra ficha de rexistro na que recoller outras cousas que fixeron ao longo do día.  E tamén como se sentiron xa que lles dará pé a falar do que está a pasar.


martes, 17 de marzo de 2020

Stop COVID 19

Seguimos recibindo traballos dos pequenos. Este é  de Jhon E. recomendando quedar na casa

                                             e de Maeba insistindo en toser na manga!

Stop COVID 19

  Siguen chegando as imaxes que me ides enviando dos nosos pequechos. Aquí está o mural que fixo Ainhoa con axuda e dirección artística de Iván.   Esto ímolo parar!


e máis de Martín! STOP COVID 19






Recursos EDUCLAN

EDUCLAN  é unha iniciativa que ofrece ás familias recursos educativos moi interesantes que complentan os seus productos de entretemento durante a suspensión das clases. Está coordinada polo Ministerio de Educación e de Formación Profesional a traves do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) e coa colaboración de moitas editoriais.

PREMEDE NA IMAXE
 

luns, 16 de marzo de 2020

O que está nas nosas máns!

  Así, poñendo cada un o que está nas súas máns, é como imos saír de esto!. Aquí está Martín sacando músculo e animando!



domingo, 15 de marzo de 2020

Nós quedamos na casa!

  Na web do cole xa se colgaron os carteis animando a quedarse na casa que fixeron os maiores de primaria o outro día. Como vos dixen na entrada anterior (onde tamén había cancións e vos propuxen varias actividades), vou subir os carteis ou debuxos que me enviedes. Aquí vai o que nos mandou Martín!

  Este é un enlace a un video que nos mandou Sandra do conto de Fréderick, o rato poeta. É un libro precioso de Leo Lionni editado por Kalandraka que fala da importancia da poesía e dos poetas sobre todo nos momentos de crisis coma este. 


Por nós, por todos: os nenos e o coronavirus

   Para que os nenos pasen estos días de aillamento polo coronavirus, quero compartir con vos algunhas das iniciativas que andan estos días por internet. Seguro que xa as vistes! E tamén irei colgando algunhas das actividades que fixemos estes días pasados e que aínda non subira. Unha aperta e un bico a tódos! Coidádevos moito, que todo vai ir ben!

ACTIVIDADES: 
Pegar dibuxos nas ventás para que vexan que en outras casas viven nenos que están pasando polo mesmo. Póñovos un que xa me mandaron da clase. É de Maeba. Se queredes mandádemos e subireinos, será un xeito de que vexan o que fan os seus amigos!. Unha ventá virtual.


  Facer letreiros  nas ventás animando a todos na campaña de QUÉDATE NA CASA. Por nós, por todos!

  Hai un xogo que consiste en pintarlles un dibuxo nas máns e darlles un premio cando consigan borralo ao rematar o día, xa que eso significará que se lavaron moi ben.


Tamén vos poño unhas cancións que como xa fixemos na clase nos ensinan o xeito correcto e a importancia de lavar as mans.


lávate las manos... DESPACITO



WASH YOUR HANDS!