Aquí estamos na clase de psicomotricidade, na sala grande coa profe María. Atopamos unha enorme muralla construida cos blocos grandes de espuma. María preguntounos si seríamos quen de botala abaixo e casi todos dixeron que sí. Así que despois de repasar as normas da sala, a máis importante das cales é non facer dano nin aos demais nin a nós mesmos, quitamos o calzado e puxemos calcetíns grosos antideslizantes. Despois preparámonos: mirade as caras que poñen pensando no que van facer. Despois de tirala, xogamos cos blocos e cos cabaliños, saltamos e corrimos, subimos, baixamos e andivemos a tombos... PASÁMOLO XENIAL!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!