O pasado venres os nenos e nenas da clase levaron para casa unha maceta cos carballos que nos naceran e que viñamos coidando desde o outono, cando saímos ao monte a recoller landras... Sementamos, regamos e coidamos durante meses, pero tiñamos outra historia detrás, e por eso tamén levaron esta carta :
No ano 1854 un presidente americano quixo comprarlle as
súas terras aos indios a cambio de unha “reserva”, e o xefe Seatle contestoulle
con unha carta que sigue sendo unha das máis fermosas defensas feitas sobre o
medio ambiente. Moi resumida a carta ben
decir que:
“ TODO O QUE
OCURRA COA TERRA, RECAERÁ SOBRE
OS FILLOS DA TERRA, XA QUE HAI UNHA UNIÓN EN TODO.
ESTO É O QUE SABEMOS: A TERRA NON PERTENCE
AOS HOMES; SON OS HOMES OS QUE PERTENCEN Á TERRA E TODAS AS COUSAS ESTÁN
RELACIONADAS COMA O SANGUE QUE UNE AS FAMILIAS…”
Por eso o que os nenos levan hoxe
NON É UNHA ÁRBORE !
Cando en
novembro saimos a buscar landras e castañas, non estábamos só recollendo
sementes, non as plantamos porque foramos só observar o proceso de crecemento
dunha semente, (eso podemos velo en internet, pero nós preferimos meter as máns
na terra…). Recollimos sementes, clasificámolas, escollimos as mellores,
contámolas, plantámolas en macetas, regamos e observamos como medraban… Fixemos
todo eso, pero sobre todo aprendimos a
coidar un ser vivo que dependía de nós para medrar. Fomos responsables de
plántalo con boa terra, de poñelo ao sol, de regalo para que non secase…
Practicamos o respeto polos seres que nos
rodean…
Practicamos a paciencia, xa que durante meses alí non
nacía nada, e de paso vimos que as
cousas importantes levan tempo. Igual que a educación. A educación
precisa boas sementes, pero tamén “boa terra, auga e sol”: coñecementos,
medios, un entorno tranquilo e relaxado e sobre todo o exemplo de pais, nais , profesores e da sociedade
en xeral para prosperar. Os nenos precísanno
para medrar, sobre todo como persoas. Precisan acadar coñecementos pero, máis
importante, hábitos e boas costumes, e na educación infantil comezamos a poner
as bases da súa formación e crecemento como persoas … con paciencia e sen
prisas. Poñemos nos pequenos as sementes da súa formación. Logo debemos
coidalas “entre todos” e cada unha medrará ao seu ritmo e como decía un vello
dito “as árbores e os nenos endereitanse desde pequenos”.
O currículo
da educación infantil sinala entre outros estos obxectivos:
—
Fomentar a creación
de lazos afectivos co medio natural e descubrir a nosa relación con el mediante
o contacto directo coa terra.
—
Comprender os ciclos
biolóxicos: o das plantas, da auga, a materia, a enerxía, a fotosíntesis, as
estacións.
—
Sensibilizarse coas
cuestións do medio ambiente.
Pero,
resumindo e aplicado na clase, queda o que dí este proverbio
indonesio:
“Conservamos só o que
amamos
amamos só o que entendemos
entendemos só o que nos enseñaron”
Agora
levan unha maceta coas árbores que plantamos, pero en realidade levan un anaco
do seu futuro e unha mostra do respeto que lles queremos inculcar pola natureza.
“Hai un libro aberto para tódolos ollos:
a natureza”