Onte foi o día do libro e os pequenos do cole fixemos marcapáxinas con Chanclas, a mascota da nosa clase. Puxémoslle a nosa foto e levámosllo a papá e mamá para os seus libros.
Como o día 23 de abril foi elixido internacionalmente por ser a data de falecemento de Cervantes e de Shakespeare, falamos do escritor Miguel de Cervantes... e quedamos co detalle de que era un soldado e quedou manco nunha batalla. Tamén falamos da súa obra máis grande (Don Quixote da Mancha), e vimos un pequeno corto de debuxos animados, no que o que máis nos gustou foi cando Don Quixote ataca os muiños de vento pensando que son xigantes...
Como vedes, todo está relacionado (o outro día foi o Día da terra, este o día do libro e nós plantamos unha árbore e iniciámonos no mundo da lectura), xa que HAI UN LIBRO ABERTO A TÓDOLOS OLLOS, A NATUREZA.
Na etapa infantil poñemos as sementes da curiosidade, deixemos que medren...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!