Páginas
martes, 22 de outubro de 2013
MANDARINAS MATEMÁTICAS
luns, 21 de outubro de 2013
LARANXAS VERDES NA MAÍA
Na clase estamos a probar algúns froitos que maduran no outono: uvas, mandarinas... e un día pasei polo xardín do cole (o que imos intentar transformar nun pequeno horto) e collín UNHA LARANXA ALGO VERDE. Leveilla os nenos e como a maioría nunca viran algo así, intentaron adiviñar o que era: un limón, unha lima... pero ningún pensou que podía ser unha laranxa. A cor deixounos desconcertados... Quedamos en volver a ver como maduraban para coller máis.
Despois peleina e troceeina para ver a que sabía: un par non quixeron probar, unha só quixo probar a parte blanca e os demáis diron boa conta do resto. Intentamos explicar a que sabía: os sabores ácido, amargo e doce... Traballamos tamén co olfato e finalmente deixamos a codia na clase varios días para ir vendo o que lle pasaba e como se íba secando pouco a pouco e cambiando a cor e o olor. En esta presentación está o que fixemos:
Despois peleina e troceeina para ver a que sabía: un par non quixeron probar, unha só quixo probar a parte blanca e os demáis diron boa conta do resto. Intentamos explicar a que sabía: os sabores ácido, amargo e doce... Traballamos tamén co olfato e finalmente deixamos a codia na clase varios días para ir vendo o que lle pasaba e como se íba secando pouco a pouco e cambiando a cor e o olor. En esta presentación está o que fixemos:
Etiquetas:
experiencia,
froita,
outono
mércores, 16 de outubro de 2013
COMPOSICION MONDRIAN
Onte estivemos vendo algunhas das obras do pintor PIET MONDRIAN e despois puxémonos a inventar as nosas propias composicións. Traballamos con tiras de cores que tíñamos recortadas de unha obra nosa anterior: primeiro vimos as tiras, contámolas, comparamolas e logo fixemos distintas composicións sobre as mesas e finalmente cada un pegou a súa nun papel A3. Traballamos indicadores espaciais: diante, detrás, arriba, abaixo...
Despois saqueilles fotos a cada unha das composicións, "ENMARQUEILLAS" e puxémolas nunha exposición na entrada do cole. No cambio da obra real á fotografía tivemos un traballo engadido de observación para recoñecer cada un a súa obra e a dos demáis, xa que cambiamos o tamaño e tamén cambian as tonalidades.
xoves, 10 de outubro de 2013
CORES E IMPRESIÓNS...
Onte atopei na rede unha noticia sobre Iris Grace, unha nena de 4 anos, autista, que aínda non fala ... Despois busquei o blog que fixeron seus pais e quero compartilo con vos. Según lin no blog, Iris ten dificultades de relación e era agresiva cando se atopaba outros nenos na gardería, non falaba e non tiña interés en expresarse de ningún xeito. Pero un día á pequena chamaronlle a atención os trebellos de pintar da súa nai ... que lle deixou probar... Comezou a mesturar cores e esto foi o que pintou. A verdade é que impresiona o emprego das cores que fai a pequena ...
![]() |
un cadro de Iris |
![]() |
clica aquí para ver o blog de Iris Grace |
domingo, 6 de outubro de 2013
O DOCE DE MAZÁ DE IKER
Esta semana Rita, a nai de Iker, preguntoume si podían compartir con todos un doce de mazá que fixeran na casa. Por suposto apuntámonos a larpeirada: un postre elaborado con un froito do outono!.
Iker trouxo o doce a clase, contounos como o fixera a súa avóa usando só mazá e azucre e reparteu anaquiños a todos para probalo. Algúns só probaron anaquiños, dous non o quixeron, varios tripitiron e entre todos demos boa conta del: deixaron a friameira baleira... ESTABA MOI RICO!.
Así que desde aquí gracias a avóa de Iker por facelo, a Rita por mandalo e a Iker por compartilo.
(Tamén gravamos a Iker contando todo o proceso: como a avóa escollera as mazás , as pelara e as cocera. Contouno moi ben, pero o video tivo "un fallo técnico" e non podo subilo. Outra vez será)
Etiquetas:
cociña,
experiencia,
froita,
outono
eXpresións!
Desde que volvimos das vacacións na clase respírase un ambiente de "xente maior". Os nenos e as nenas da clase son conscientes de que xa non son os pequenos do colexio.Ven pasar aos novos alumnos, tan pequeniños! e incluso lles botan unha man cando os ven chorar ou intentando vestirse ou cando nos asoman pola porta. (De todos xeitos aínda non lles perdonaron que nos colleran o noso patio!). E cada día escoito frases que non me podo resistir a reproducir aquí: confeso que con algunha delas non puden parar de chorar... de risa!. Eso sí, eles dixéronas con toda a seriedade do mundo e eu escoiteinas con toda a que puden... Aquí reproduzo algunhas delas:
- saíndo o patio, cruzámonos cos pequenos de 3 anos e os seus tutores dinlles unha frase que logo os nenos comentan sorprendidos cuchicheando entre eles: "aaaala, dixeron apartade que veñen os maiores... e somos nós"
- falando de algo que fixemos o curso pasado, un dos nenos dime "en los viejos tiempos ... cuando eramos pequeños"
- e outra máis, cando estabamos sentados na alfombra escoitando de novo unha canción que lles gustaba moito (la brujita tapita) : "Aaaah.... cuantos recuerdos!"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)