Unha mostra das páxinas de este fermoso libro que conta moitísimas cousas e no que hai un dragón, un cabaleiro, unha princesa, animais... un conto con moitos contos no que os nenos recoñecen historias dentro de outras historias.
Páginas
xoves, 30 de outubro de 2014
MIGUELANXO PRADO E O DRAGÓN QUE ESBIRRABA...
domingo, 26 de outubro de 2014
HOSPITAL DE OSIÑOS: XOGANDO A MÉDICOS
.jpg)
Veredes os distintos obradoiros polos que pasaron os "pequenos médicos": aulas de anatomía, de nutrición e hábitos saudables, salas de consulta, quirófanos, salas de curas.... Os case 40 estudantes de mediciña repartiron aos nenos en pequenos grupos para que os 75 rapaces estivesen en todos os obradoiros. E, mentras, os de 3 e 4 anos andaban todos intrigados con tanta bata blanca e verde e cos esqueletes que andaban polos corredores...
Pasaron consulta facendo de papás e mamás dos seus osiños, cubriron o seu historial clínico, fixeron un repaso de anatomía, deron clase de hábitos saudables, xogaron a ser globulos blancos cazando virus, vestidos de cirurxáns operaron pacientes de plastilina nun quirófano xenial e fixeron curas aos seus osiños...
Saíron feitos uns expertos! E os futuros médicos tamén o pasaron moi ben con estes pequenos estudantes que (salvo algúns máis tímidos), non pararon de falarlles en toda a mañán ...
E de remate os alumnos de mediciña agasallaron aos nenos con un "boli gel y brilla" ...que hasta que o vin non me decatei de que era un "boli geringuilla"...
Etiquetas:
experiencia,
o corpo,
visita
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

![]() |
PREMER PARA VER AS IMAXES |
mércores, 22 de outubro de 2014
HOSPITAL DE OSIÑOS DE PELUCHE
O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos e pretende mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo (algún non o consigueu de todo...) e ensinándolles hábitos de vida saudables.
Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, hoxe visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros :
- CONSULTA
- ANATOMÍA
- NUTRICIÓN
- HIXIENE E VIDA SAUDABLE
- E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
- e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade e no patio, onde os nenos repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos corrían perseguindo virus.
.jpg)
Cada neno trouxo a clase un Osiño e inventou unha doenza que lle contou aos médicos facendo eles de pais e nais que pasaban polas consultas explicando síntomas e cubrindo fichas para cada paciente e despois, cambiando de roles, pasaron polo quirófano vestidos de cirurxáns. Moitas actividades polas que pasaban repartidos en pequenos grupos e que rematamos xustiños de tempo.
Foi unha xornada moi interesante na que aprendimos moito e demostramos o xa aprendido estos días. Foi moi divertida e pasámolo moi ben!. Na próxima entrada do blog contarei máis polo miudo e con máis fotos como transcurriron as actividades nos obradoiros.
Etiquetas:
experiencia,
o corpo,
taller,
visita
mércores, 15 de outubro de 2014
QUEBRACABEZAS DOS ESQUELETOS
Estos días estamos realizando un proxecto sobre o corpo humano e levamos a clase ao noso amigo "Pepe o esqueleto do cole". Despois de darlle unhas voltas, fixemos un quebracabezas cos osos do corpo e eu dinlles movemento aos esqueletos bailaríns neste video... E, polo medio, como os papeis non cabían nas mesas e tíñamos moitos osos, perdimos fémures, costelas e algún brazo...
E tamén colaboraron entre eles, xa que os que remataron antes explicaban e axudaban a montar os esqueletos dos demáis.
CLICADE PARA VER OS ESQUELETOS BAILARÍNS |
luns, 6 de outubro de 2014
A COLLEITA
Unha das primeiras cousas que fixemos este curso foi ensinarlle o cole aos novos compañeiros que van a compartir este curso con nós. Así que, con máis entusiasmo que orden, xa que todos querían mostrarlles todo, fixémos unha "visita guiada" para Cristina, Enzo e David. Fomos ao edificio de Primaria, pasamos pola Biblioteca e presentámoslles a Leodoro ( a nosa mascota), fomos a saudar á directora Lita e, por suposto, demos unha volta para ver como estaba a nosa horta. A primeira vez que fomos á horta, case non pudemos entrar porque a herba era máis alta que nós, pero a segunda vez xa pasaran unha desbrozadora e achegámonos aos caixóns para ver como estaba a plantación: comimos algúns tomatiños cherry e recollimos patacas, cebolas, allos e un tomate corazón que deixamos madurar na clase. Non medraran moito... pero era a nosa primeira colleita. Tamén vimos as trampas para as avispas que nos deixaron os nenos e nenas de 3º da clase de María: funcionan!. E xa estamos pensando na próxima plantación!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)