Aínda que xa están de vacacións quedei cos nenos en que lles poría unhas entradas coas derradeiras actividades que fixemos. Así que aquí están algunhas fotos do día no que visitamos as clases de primaria que serán as súas para o curso que ven.
Xa coñecemos moi ben
as instalacións e os distintos espazos do cole para que nos sexa máis doado o cambio, pero
esta vez sentámonos nos pupitres e estivemos falando cos rapaces de
primeiro.
Os nenos responderon ás nosas preguntas e aínda que ao principio non se
atrevían, logo colleron confianza tanto uns coma outros.
Explicáronnos
distintas maneiras de traballar, as disposicións das aulas, o uso dos
espazos e do material, que agora vai ser individual, polo cal terán que
ser responsables cada un do seu... Unha das cousas que máis lles gustou foron as baldas dos pupitres para gardar as súas cousas...
Foi unha mañán moi divertida e enchemos o cole de primaria, xa que nos ibamos cruzando e cambiando impresións cos outros dous grupos de 5 anos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!