venres, 29 de outubro de 2021

A nosa primeira merenda xuntos

  Estas fotos son da nosa primeira merenda xuntos na clase. Estamos aprendendo a organizarnos: lavar as mans antes de abrir as mochilas, colgalas nas nosas sillas, poñer os manteliños na mesa, colocar todo enriba, abrilo sen que nos caia nada, e despois de todo eso... merendar. Tamén temos que aprender a recoller e gardar as cousas, pechar de novo as mochilas, colgalas nas perchas e volver limpar as máns. Unha serie de rutinas que temos que acadar para ser máis autónomos.

Con que problemas nos atopamos?. Pois abrir e pechar sós as mochilas, non perder os tupers (nin tiralos ao lixo, que xa rescatei varios😆), recoñecer e non confundir as nosas cousas, non ocupar máis espazo do que nos corresponde, non tirar cubertos que non son desbotables, que non salte polos aires a merenda cando abrimos os tupers con enerxía, que non nos caian os bebibles... E polo medio: os que non queren tomar a merenda porque non era eso o que querían ou porque decían que só comían na súa casa, os que piden axuda e os que aínda non saben pedila, os que teñen que facer pis xusto cando teñen o bebible aberto na man😅, os que comen tan rápido que xa acabaron antes de que outros coloquen todo e tamén os que tardan un mundo... os que organizan o de todos (e deixan o seu sin recoller😇😂😂)

E despois de todo eso conseguimos merendar  e deixar a clase limpa ordenada e recollida!!!👍ben👌


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!