venres, 1 de xullo de 2022

Á nosa árbore estilo Ibarrola... unha intervención artística na Maía

 Como xa vistes nos traballos que levaron para casa estivemos coñecendo a obra do pintor e escultor vasco Agustín Ibarrola. Foi un pouco por azar, xa que un día no patio atoparon unha cera tirada e preguntáronme que podían facer con ela. Díxenlles que podían pintar a corteza dunha das árbores do patio para que probasen como era colorear sobre unha textura tan diferente. A cera durou un minuto e querían máis! Entón baixeilles da clase unha caixa chea de ceras ... que durou medio recreo, porque tamén se apuntaron os nenos de Sandra!. 
 

Como nos estaban quedando unhas cortezas moi coloridas, faleilles dun artista que tamén lle dera cor ás árbores: Agustín Ibarrola,
pero que o facía empregando brochas e pinturas. Tamén buscamos na rede fotos das súas obras, sobre todo da máis coñecida:  "o bosque de Oma"
 
 
  Así que durante varios  recreos baixamos brochas e témperas e fomos pintando "a nosa árbore de Ibarrola". Aínda que pintamos de 3 en e  con coidado, algúns estaban tan emocionados que non medían a onde lles chegaba o brazo!. Pero a árbore quedounos moi bonita!
 
 
Nesta montaxe están as fotos que fixen do proceso:
 
Tamén tíñamos no cole outro artista facendo, por encargo da Anpa, un mural na parte de atrás de primaria e fomos ver como traballaba. Para o curso iremos ver como quedou a obra  finalizada.
 E, por si no verán vos cadrase andar preto de Allariz, alí podedes ver unha maravillosa e colorida intervención de Ibarrola nas rochas e árbores:
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!