Estos días andamos a voltas coas cores do outono,
non podemos saír porque chove, pero aproveitamos un claro para recoller
as follas do carballo americano que temos diante das ventanas e así
podemos ver as cores tan bonitas que ten...
Despois de xogar coas follas e observalas ben, escollimos as catro cores que máis se lle parecían e puxémonos a pintar unha folla similar que buscamos na rede...
Como cada un fixo as mesturas á súa maneira e con distintas proporcións, as follas saíron todas diferentes...
...e preciosas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!