O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e o centro foi aparecendo envolto nunha performance poética que xurdeu por iniciativa do Equipo de Educación Infantil. Os nenos están entusiasmados co proxecto e andivemos polo patio observando, comparando e lendo os poemas escollidos polas outras clases. Nós repartímonos en cinco grupos e cada un escolleu un poema dos que fomos lendo na clase. Todos son de autores recoñecidos, excepto o que encabeza esta entrada que é o que inventara Comba cando fixemos os poemas de choiva e do que está particularmente orgullosa. O seu grupo escolleu ese poema por suposto... Aínda non rematamos, e para a semana esperamos expoñer os que faltan. Ademáis queremos
pedirvos a vosa colaboración en esta iniciativa. Os nenos levaron hoxe a nota que
vos poño abaixo na que se explica como podedes participar e os
materiais máis axeitados. Os traballos serán expostos polo exterior do
centro xunto cos demais. Tedes máis información no blog da biblioteca VER +.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!