O escritor Rafa Vilar (Cee) estivo na clase o xoves e agasallounos cos seus libros Patente de corso (pequeno dicionario pirata) e Acuarelas. Patente de corso é un libro sobre piratas que gañou o premio Arume de poesía para
nenos da Fundación Neira Vilas e no que
os corsarios non son violentos senón que gastan moito sentido do humor. En Acuarelas temos o circo das maravillas, unha pantasma con
asma, un vendedor de globos... e moitos máis protagonistas deses poemas.
O máis importante de esta visita non era que Rafa fose escritor senón que é o pai de Comba e Xoel. Despois de presentarnos, leunos algúns dos seus poemas pero non tíñamos o día de prestar atención, así que fomos cambiando de actividades cada pouco e deixamos que Comba e Xoel fixesen as rutinas na PDI (aínda que estaban tan nerviosos que non daban pé con bola...). Tamén nos contou o proceso de escribir e editar un libro e que el primeiro sempre fai un borrador a mán que logo pasa a ordenador. Despois intentamos facerlle unha entrevista pero no canto de preguntarlle... cada un contáballe algo a Rafa. O que máis lles gustou da visita foi o botín que trouxo: chocolatinas e moedas de ouro para compartir!. E como os libros quedaron na clase poderán levalos a casa cando queiran.
Gracias Rafa pola visita ... e pola paciencia!
premer aquí para ver as fotos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!