Maite a nai de Sergio, veu pola clase un dos últimos días do cole e contounos un conto sobre a osa Villarina. Pero resulta que é unha historia REALsobre unha osiña que rescatou en Somiedo a FUNDACIÓN OSO PARDO. O conto é "EL RETORNO DE VILLARINA".Está editado por Carrefour e os beneficios son para FAPAS, que é unha fundación para a protección de animais salvaxes. Eu xa coñecía a historia de andar por esa zona tan fermosa de Asturias e enlázovos aquí uncómic que teñen na Fundación e que lles podedes baixar aos nenos para colorear. Ademáis con Maite falamos de como viven e se alimentan os osos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!