No piso de arriba entramos na "cámara acorazada", coas pedras preciosas... vimos a reprodución dun dinosauro e os fósiles, colecións de cunchas, peixes, invertebrados mariños e moitas máis cousas. E tamén buscamos os nomes nos paneis para saber como se chamaban algúns dos animais...
A algún pareceulle pouco tempo
porque quería ver cada especie unha a unha... así que xa sabedes unha
actividade para este verán. Cando saímos fomos almorzar no parque e despois xogaron e algúns foron de aventureiros e exploradores: fixeron un niño xigante, colleron plumas...
E rematamos cun paseo polo estanque do Auditorio a carón dos cisnes e os patos, onde Rubén identificou un par de grullas e tamén tivemos a sorte de atopar unha rolada rodeando as crías e un niño defendido polo pai dos parruliños...
Cando chegou a hora de volver non querían rematar a excursión!
Unha xornada moi divertida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!