Recibimos a visita de Belén, a nai de Lucas A. que nos veu ler un conto que nos gusta moito: "O MONSTRO DE CORES" de Anna Llenas. A través del falamos das emocións que sentimos a veces: da rabia, a ira e o enfado representados coa cor vermella, da alegría e a felicidade e a cor amarela, o medo e os temores coa cor negra, a tristura coa cor cor azul e a calma e tranquilidade coa cor verde.... E tamén da cor rosa que representa o amor e o cariño... O ano pasado traballamos este conto e podedes lembralo premendo AQUÍ
Falamos de cales son as emocións que nos gustan máis, de como nos sentimos a veces ou de como nos parece que se sinten outros, que é unha das cousas que máis nos pode costar: poñernos na pel dos outros para entender o seu comportamento....
Decidimos que as que máis nos gustan son a cor amarela e a verde é decir a ALEGRÍA e a CALMA.
A todos lles gusta sentirse así, e aprecian aos nenos e nenas que son
capaces de transmitir estas emocións, pero recoñecen que ás veces a cor vermella nos pasa factura como ao monstro desta historia.
Moitas gracias Belén por vir a clase e recordarnos este conto e darnos de novo a oportunidade de falar das emocións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!