Na clase contamos o conto "ROSA CARAMELO" para falar de coeducación e igualdade. No conto Margarita é unha elefanta que, como todas as da súa manada,
vive moi protexida comendo só flores rosa, adornada de laciños rosa... Todas teñen unha preciosa pel de cor
rosa caramelo... menos Margarita, que vive presionada por seus pais aos que lles
dá vergoña que a súa filla non sexa
igual que o resto. Margarita está triste por non ser tan bela como o resto aínda que se esforza moito. Pero mentres as elefantas
viven encerradas, poden ver que os elefantes viven e devírtense libres pola sabana. Un día Margarita decide fuxir do terreo valado
das elefantas... ¡para xogar con eles na sabana e ser libre!. O resto de
elefantas cando a ven tan feliz acaban seguíndoa e desde entón, non hai distinción entre elefantes e
elefantas: todos viven xuntos no mesmo lugar, comparten as mesmas costumes e
teñen unha fermosa cor gris... e son libres e iguais!
Entre todos pintamos o mural da sabana onde viven os elefantiños e fomos analizando o conto: o xeito de pintalo, o tamaño dos elefantes e as árbores, as cores e sobre todo o problema que plantexa: entenderon moi ben a inxustiza da realidade das elefantiñas cando lles propuxen que só un grupo deles podería ir xogar no patio de area mentras o resto tería que quedarse na clase ou no porche...
Rosa Caramelo é un dos títulos que Adela Turín e Nella
Bosnia publicaron en Italia, entre 1975 e 1980. A súa intención era denunciar
a discriminación da muller e reivindicar unha reformulación das estruturas sociais
e dos roles de xénero establecidos. Este conto que editou aquí Kalandraka é
unha boa ferramenta para traballar a coeducación e a igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!