Este ano para conmemorar o Día do Libro o equipo de dinamización da Biblioteca propúxonos transformar as portas da clase en portadas de conto.
Nós escollimos o de "LOLA CON ALAS" entre moitos da clase, porque así todos podíamos participar dalgún
xeito… O conto trata de como os estímulos que proceden da arte e as
cores poden cambiar o estado de ánimo dos nenos e aumentar a súa
sensibilidade artística. Ademáis é un conto moi divertido e creativo que fomenta a
colaboración e a creatividade.
Lola está triste, soa na
habitación e todo lle parece gris... menos o cadro da parede cheo de coloridos paxaros. Así que decide
poñerse algo de cor e comeza cun sombreiro verde, medias amarelas, zapatos azuis, vestido rosa…
Logo pinta a cara de azul, os brazos a raias laranxas, a punta dos dedos de morado, a boca de vermello e conforme o fai, vaise poñendo de mellor humor. Tanto que ata
consigue voar e pasar unha tarde
divertida cos paxaros fantásticos do seu cadro.
NA MONTAXE PODEDES VER TODO O PROCESO DA NOSA PORTA: (no blog da Biblioteca podedes ver tamén as portas que se fixeron nas outras clases)
A autora-ilustradora desta historia é POLLY DUNBAR. Naceu en Stratford-upon-Avon (onde tamén o fixo William Shakespeare) e comezou a ilustrar libros con 16 anos
ata graduarse en Arte en 1999. A súa nai Joyce Dunbar é a autora de
libros infantís, e o seu pai traballou como ilustrador e como profesor de arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!