Saímos cos nenos dar un paseo polo monte de Castrigo cerca do cole. Unha
clase ao aire libre no que observamos o estado das follas dos carballos
e dos piñeiros no outono. Atoparon de todo: piñas, landras, fungos,
paos, silvas, arañas, opilións...algunha flor despistada que nos chamou moito a
atención polo solitaria. Tamén vimos xestas que antiguamente se
empregaban como escobas nas casas da aldea.
E o que máis nos gustou foi cando atopamos os "peidos de lobo", uns fungos enormes que parecen bolas e logo estrelas reventadas e cheas de esporas...
Aínda
que parece que estamos moi lonxe ese é o montiño a carón da carretera
de Castrigo. Un anaco pequeno pero onde se viron inmersos no medio da
Natureza... Cando volvimos a clase dibuxamolo todo. Algún fixo unhas silvas espectaculares. Pasámolo moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!