O pasado 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional da Discapacidade, que este ano tiña o lema: “UN DÍA PARA TODOS”. Dende o Equipo de Convivencia propuxéronnos darlle visibilidade no cole a esta conmemoración e para o alumnado de Infantil pasáronnos a proposta de facer un mural co lema "Capacidades Diferentes, Posibilidades Infinitas". Previamente, na clase tratamos de sensibilizar aos nenos e nenas sobre a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade.
Nós encargámonos de pintar o fondo do mural onde todos os nenos pegarían unha flor por equipo que nos representase a todos. Cada clase encargouse tamén de poñer un anaco de herba e desde 3 anos a 5 rasgamos e pegamos papeis verdes de distintos tonos e texturas.
Todos somos flores dun mesmo xardín....
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!