Fixemos unhas preciosas bolas de Nadal con muñecos de neve. Empregamos uns tacos de madeira que nos cortou o pai da profe Sandra. Con pinceis e pompóns de dous tamaños, pintamos a neve e o corpo do muñeco. E con rotulador permanente fixemos con moito coidado o sombreiro, brazos, botóns, os ollos e o nariz. Como a madeira non estaba imprimada chupaba moita pintura, así que cos pompóns botámoslle unha boa capa para que nos quedase unha neve máis blanca...
...pero como estaba cerca dos radiadores a pintura secou moi rápido, escachou e quedounos un precioso efecto "vintage" de craquelado antiguo. O resultado foi aínda máis bonito que o esperado!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!