mércores, 13 de marzo de 2013

NEVE NA MAÍA !

 
    Hoxe vimos neve! Fixo tanto frío pola noite que, cando chegamos o cole, os montes de Rois que se ven desde o colexio estaban cubertos de neve. Así que saímos pola porta que vai o instituto e estivemos vendo a neve e despois atopamos un coche cuberto de xeo e estivemos un ratiño xogando con el e vendo como se nos derretía nas máns. Despois volvimos a clase e pintamos as montañas e a neve sobre cartulinas negras. 
 

luns, 4 de marzo de 2013

A SEDA

    Hoxe tivemos unha visita no cole: viñeron facer uns talleres sobre a producción da seda a partir dos casulos  feitos polos vermes e deixaronnos unha exposición. O curso pasado cos nenos e nenas de 4 e de 5 anos estivéramos coidando un cento de vermes hasta que fixeron a metamorfose en bolboretas. Foi a primeira fase dun proxecto en colaboración coa unión de artesáns e hoxe vimos a segunda fase: o laborioso proceso de recollida dos fíos de seda. Nos talleres realizados por Mª José e Albino participaron os nenos de 5 anos e os tres grupos de primeiro de primaria. Procurarei poñer canto antes na web do cole as fotos sobre a experiencia nos talleres. 











 VER  E  TOCAR:

      Nós non fomos os talleres, pero vimos unha ppt sobre a cría e metamorfose e logo estivemos vendo e tocando na exposición que nos deixaron: vimos ovos, casulos, bolboretas e tamén distintos fios  e  tecidos de seda. Comprobamos co tacto as distintas texturas e graos de suavidade que se lle poden dar á seda.

domingo, 3 de marzo de 2013

DOUS RATIÑOS E UNHA PEDRA...

    Estos días contamos na clase dous fermosos contos de ratiños: "Rufus e as pedras máxicas" de Marcus Pfister  e "Frederick" de Leo Lionni. Recoméndovolos, xa que son preciosos tanto polas ilustracións como pola historia que nos contan, as emocións e os valores que transmiten. Cada ano contamos estes contos... e sempre lles atopo algo novo e fermoso.

    Rufus é un ratiño que vive nunha illa e atopa unhas pedras máxicas que iluminan e dan calor. O ratiño comparte o seu achado cos outros ratiños e ... a partir de esto hai dúas posibilidades. O libro ten dous posibles finais que os nenos analizan e valoran. Nun deles os ratiños víranse avariciosos e acaban destruindo o seu entorno e no outro comprenden que, si collen algo da illa deben dar algo a cambio...

     
     As cousas sempre poden ser algo máis do que parecen. Por exemplo unha pedra solta no camiño... Agora estamos a pintar as nosas propias pedras máxicas: o venres saímos fora e recollimos algunhas que estamos pintando de ouro. Xa veremos o que devolvemos nós a cambio!. (Igual nos serven para arranxar a saída de emerxencia!).



 
       No outro conto, Frederick é un ratiño que coñece a importancia de alimentarse de algo máis que palla e froitos. Con Frederick o seu autor transmite a importancia das palabras e que sempre hai algo máis que as cousas materiais. Nun dos diálogos do conto os outros ratiños pregúntanlle:

        -E tí, por qué  non traballas, Frederick? 
        -Eu traballo, respondeu Frederick  
        -Recollo raios de sol para os días frios do inverno!

      





  

     


      Cando chega o inverno, os ratiños esmorecen co frio e van acabando coa comida, están esgotados e famentos, pero entón lembran o que lles dixera Frederick ... e pregúntanlle polos raios de sol, as cores e as palabras que recollera. A resposta é un fermoso achegamento á importancia das palabras e da poesía, tanto para os ratiños coma para os nenos. 

 -------------------------------------------------------------------------

      No ano 2010 cumplíronse 100 anos do nacimento de Leo Lionni, que realizou albumes ilustrados de enorme e sinxela beleza que siguen emocionando a pequenos e adultos. (Este ano 2013 é o 50 aniversario de outra fermosa obra súa, "Nadarín", e si queredes coñecer máis de cerca a este autor, clicade aquí e veredes a páxina que lle adicou na súa web a editorial Ramdom House, con algún video do autor no que nos conta como creou ao seu ratiño máis famoso.) Moitos dos seus libros están publicados por Kalandraka, como Frederick, Nadarín, Pequeno azul e amarelo ou A casa máis grande do mundo...

mércores, 20 de febreiro de 2013

CONCERTO DISNEY DA BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO

   Este martes  as tres clases de 3 anos fixemos unha saída ao Auditorio de Santiago para escoitar un Concerto da Banda Municipal sobre as películas de Disney favoritas dos nenos: A Sereiña, a Bela e a Besta, Shrek, o Rei León, Tarzán... e unhas cuantas máis. Antes de sair comprobamos na páxina da AEMT o tempo que teríamos e tamén merendamos. Fomos ao baño "un par de veces"... para evitar apuros. Repasamos as normas para as saídas ... e listos!



   
    

  
    
       Para algúns era a primeira viaxe en autobús (como saimos os primeiros, deixeilles escoller o autobús  e elixiron máis grande...). Levounos un ratiño acomodarnos e poñer os cinturóns, fomos falando durante todo o traxecto e pasámolo moi ben. Cando chegamos ao auditorio tomamos asento, algo dificil, xa que os asentos levantábanse sós e moitos "non daban o peso". Xa preparados (había nenos de outros colexios e a nós tocounos diante), comezou o ensaio e algúns taparon os oidos xa que lles parecía un pouco forte... Logo por fín saiu o Director e comezou o Concerto: os nenos disfrutaban ao recoñecer as pezas musicais e as escenas que se proxectaban detrás da Banda. Pasámolo moi ben! Cando volvimos viñan cansos e varios durmironse , algún incluso durante o concerto! 
     E portáronse moi ben!.


concerto disney da banda municipal 2013 - presentacion imagenes

    Para rematar ... pudemos comprobar "as instalacións sanitarias do auditorio", xa que a pesar de ir un par de veces antes de saír,  tivemos que ir comprobar os estados dos baños unhas cuantas veces.
    E un apunte sobre as prioridades dos pequenos: algún  quedou algo frustrado, xa que non pudemos ir ver os patos do estanque do Auditorio que víramos en internet. Outra vez será! 

domingo, 10 de febreiro de 2013

ANTROIDO DEPORTIVO E DOCE

    O antroido comezou deportivo e doce na clase. Chegamos vestidos de deportistas e cada un foi contando cal era o seu disfraz: xogadores do Barsa, xogadores/as "de España", árbitros, saltadores de obstáculos, tenistas, atletas, de ximnasia rítmica, ciclistas e varios máis. "Despois de tanto deporte entrounos a fame" e fomos poñendo nas mesas todos os doces típicos que trouxeron da casa para COMPARTIR e contando o que eran: un mundo de filloas e de orellas, rosquillas, rosquillas sen ovo, buñuelos, magdalenas, biscoitos ... e tamén houbo chourizos! 
     
    Nin que decir ten que comeron a fartar, antes do desfile. Despois de comer de todo, recollimos e limpamos as mesas e  xogamos un ratiño. Cando María chegou polas clases coa bandeira dos xogos, preparámonos para o desfile no patio, onde xa estaban os nenos de primaria.

    Aquí vai unha mostra do primeiro que fomos poñendo nas mesas... logo foron chegando máis doces!. E cando volvimos a clase  aínda seguiron comendo, xa que nos chegou outra enorme bandexa de orellas e aínda nos quedaban filloas! ...e seguían tendo fame! (como aínda así quedaron moitas cousas, ao final baixáronselles para o comedor). Gracias pola vosa colaboración!.


doces antroido 2013 - presentacion imagenes

    Esta é unha secuencia de fotos de como foi o desfile desde que chegou a bandeira a nosa clase e baixamos ao patio cuberto. Están mesturadas fotos miñas coas de Bea, a mamá de Emma, que me mandou moitas para compartir con todos. Así, vemos o festival desde varias perspectivas. 



 
   O QUE AS FOTOS NON CONTAN  :
    
       Por suposto o que as fotos non contan é a parte na que algúns se nos agarran das mans ou do que podían, asustados por verse no medio de tanto neno (case 700 e ademáis as visitas) e sobre todo tanto ruido (os maiores encantados, claro! e algún noso tamén...). Por moito que llo expliques, cando se ven no medio a cousa cambia, non había máis que ver de cerca algunhas cariñas!. Ao rematar o paseillo, subimos ao noso patio e logo, xa máis relaxados, decidimos baixalos á pista para seguir vendo o desfile e xogar cos globos que inflábamos Marta e máis eu, mentras escoitábamos "quero un, quero un!!!". Nas fotos tampouco está "o bonito momento" en que "ah! están comezando a caer unhas pingas!" e a facer frio", así que ... decidimos volvelos a subir. Volta a movelos!. É doado cando está un só grupo, pero aquí eramos 6 grupos mesturados por primeira vez nunha espazo novo para eles. Tampouco se ven os apuros de contar e recontar si os temos todos recollidos e controlados  (eso nunca se ve: pero como lles digo na clase os profes non somos pulpos, pero debemos vir de serie con ollos no cogote!). Unha vez, tempo atrás, un neno díxome: "non me contes tanto que non son un número, eh". Logo, cando che preguntan "viches tal cousa?", tes que decir que non , que ti estabas mirando para abaixo... e camiñando marcha atrás, coma os cangrexos. Para axudar a recollelos  e "entresacalos" do medio dos de 4 e 5 anos (que seguían no patio) botáronnos unha man os profes dos maiores e algunhas mamás que andaban por alí.
     Esta é a parte que non cabe nos cadros de horarios e nas programacións cando nos dín eso que nos encanta aos profes de infantil: "programa , programa..."  e logo trata de meter eso no Xade!". (Para os que non estades no allo o Xade é o programa de xestión de datos")

    Bueno, e como xa rematou o do cole, só queda desexarvos que o pasedes moi ben cos diferentes antroidos e tradicións que se espallan por toda a nosa xeografía nestas datas .

 E GRACIAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN COS DISFRACES  E COAS LARPEIRADAS.

xoves, 7 de febreiro de 2013

PLUMAS ...

     Onte pintamos uns antifaces usando ceras e logo pegámoslles por detrás todas as plumas que quixemos (de esas tan vistosas dos plumeiros..) e  por diante un toque de purpurina e quedáronnos preciosos!

ANTROIDO E DEPORTES

     Este ano o noso Antroido está dedicado aos hábitos saudables, especialmente ao deporte, e cada curso vaise disfrazar seguindo este tema. Para traballalo na clase levamos varios días falando de deportes e busqueilles en internet imaxes de moitos deles. Despois cada un escolleu os que  máis lles gustaban e buscamos "na caixa das cabezas cortadas" as nosas para pegalas ... e logo decoramos como mellor nos pareceu.



    {Por exemplo Arancha quixo "disfrazarse" de tenista e como estaba de cumpreanos (é a primeira da clase que cumple os catro)  trouxonos caramelos para compartir. Aquí está soprando as catro veliñas.}
  

      








     A maioría conocían todos os deportes dos que falamos, pero non así a ximnasia rítmica e o patinaxe sobre xeo, así que  púxenlles un par de videos para que os viran e encantáronlles ... as cintas, os aros e sobre todo os traxes que levaban as nenas: "brillos e cores impactantes". Cando rematamos de velo, moitas xa decían "eu quero ser eso!". Os deportes escollidos,  igual nos indican por onde van as aficións de cada neno e nena e sobre todo a que se atreven : lanzarse dun trampolín, saltar a cabalo, botarse montaña abaixo na bici...


mércores, 6 de febreiro de 2013

ANTROIDO

    En clase andamos a voltas co Meco. Cada día seguimos as súas instruccións e traemos algo na cabeza, algo no pescozo ou a cara pintada. De paso, ademáis de falar da tradición, estamos a tolear: sombreiros grandes e pequenos que quitamos e poñemos e miramos e prestamos , garabatas, moreas de panos e colares que non paramos de quitar e poñer e prestar e ensarillar...  e romper claro. Logo na clase temos colares e plumas e antifaces e as veces poñemos todo xunto e unhas cousas por riba de outras... Cousas do antroido 





 
     E, como non, todas queren ser princesas ou fadas e eles batman ou superman ou spiderman ou algo con moitos poderes... Trátase de transformarnos no que non somos. Así que baixamos de internet uns cuantos modelos  de disfraces e cada un deixouse levar pola imaxinación e escolleu o que quixo e logo pegamoslles as nosas cabezas para disfrazarnos no papel: aínda que tiñan montóns de modelos diferentes para non repetirse, veredes como a metade das nenas escolleu un disfraz de fada ... de cor ROSA.   



antroido 2013 - diapositivas

     E mañan máis ... xa que este ano o tema común do antroido do colexio son os deportes e a vida saudable. Nos xa empezamos coas larpeiradas e aquí quería poñer unha foto da merenda sana e saudable que comeron estos días, xa que Emma trouxo un biscoito de chocolate para compartir (dixo que o fixo ela sóa e que Bea a súa nai "lle axudou")... pero cando me acordei da cámara xa non quedaba nada: estaba moi rico!. O outro día Alexia, a mamá de Candela, tamén nos mandou unhas rosquillas boisimas e Candela pasouno en grande cortándoas en anacos e repartindoas ... TAMPOUCO DEIXAMOS NADA! . GRACIAS AS DÚAS!  

mércores, 30 de xaneiro de 2013

DIA DA PAZ : COMPARTIR E ABRAZAR

    Hoxe, 30 de  xaneiro, celébrase o día da Paz, unha xornada educativa que se practica no aniversario da morte de Mahatma Gandhi. O seu obxectivo é a educación  para a tolerancia, a solidariedad, a concordia, o respeto aos Dereitos Humans, a non-violencia e a paz. Fomentase así o paz e o  entendimento entre persoas de distinta formación, razas, culturas y relixións.
   


      Na clase falamos do que pode significar a Paz para os pequenos e realmente non son capaces de explicar un concepto que para eles é bastante abstracto. Para eles a paz non é algo que boten a faltar xa que é o seu estado natural. En cambio si que son capaces de contar o que son as guerras: vémolas nos contos, na tele, nos dibuxos... por eso, para que cheguen a entender unha cousa partimos da contraria.


    









     
     Tamén contamos un conto (BLANCOS E NEGROS) que fala das guerras que provocan os elefantes que non se respetan e acaban aniquilados ... aínda que o seu final abre unha porta á esperanza.
      Falamos de cousas que poden relacionarse coa Paz e  saliron unhas cuantas: compartir, dar, repartir, abrazar, bicar, regalar, querer, non pegar, dar roupa que xa nos queda pequena,  dar galletas, dar xoguetes, dar pan, dar fabas, dar chocolate (e así algunhas máis...). Como vedes moitas estaban relacionadas coa actividade que se vos propuxo para este día, xa que na clase tamen falamos moito de COMPARTIR. 


      








      Falamos dos que teñen traballo e dos que non, da xente que ten casas mellores ou peores, dos que teñen coles coma o noso e dos que dan clase en aulas sin apenas materiais,  dos que por tanto teñen cartos ou non para poder mercar cousas. Por todo iso, e contando coa colaboración das familias quixemos facer esta actividade de compartir alimentos doces: facer un día da Paz especial que fora máis alá de colorear pombas xa que pretendíamos que os nenos fosen máis conscientes do que significa compartir. O profe Jose pintou un enorme símbolo da Paz que se colocou na entrada do cole e todas as clases fomos pasando por alí para deixar o que trouxemos ... e acabamos por cubrilo cos alimentos donados.


      Tamén falamos de querer,  abrazar  e bicar e chegamos a conclusión de que aínda que non falasemos inglés nin o que falen, en calquer parte do mundo sempre lle podemos decir a alguén que o queremos con un bico ou un abrazo.  A profe Rosana "comparteu con nós" unha idea moi bonita: un beso significa lo mismo en cualquier parte del mundo.  Así que sacamos fotos dando bicos ou abrazos a quen nos apetecía. 


     

7 MÁIS 1

o lobo
     En clase andamos a voltas coas cousas que nos dán medo. Unha delas son os lobos. Aínda que os lobos dos contos son "cousas terribles" que non teñen máis que ver cos lobos reales máis que o seu aspecto. Os lobos representan todo aquelo descoñecido, agresivo, o que nos quita a seguridade no noso entorno. Ningún dos nosos pequenos se atopou nunca con "lobos feroces", pero os lobos dos contos pertencen á tradición oral desde sempre e estos contos cheos de lobos enormes, negros, feroces e cunha dentamia que arrepía, permítenlles aos pequenos "disfrutar co medo" porque llos contan mamá e papa ou a profe  nun entorno seguro no que poden pechar o libro ou mirar por entre os dedos. Tamén lles ensinan os riscos e as consecuencia de non facer caso das normas: Caperucita fai caso omiso do que lle dí a nai, os tres porquiños non teñen moita gana de facer un bó traballo cando construen as casas dos máis pequenos  e os sete cabritos non esperan a que volva súa nai coa chave... Failles pensar no que pasa si trangredimos as normas. 

a mamá cabra
Por outro lado, que culpa teñen os lobos?. Cando lles contas o conto dándolle a volta, desde o punto de vista do lobo, os pequenos comezan a pensar nos lobos de outro xeito máis respectuoso con todos os seres vivos: acaso os lobos non teñen fame?, non teñen familia que coidar?, non sangran si os máncamos ou ferimos? . Son vítimas ou malvados?  Na clase tivemos un "serio debate" sobre este tema!
     

        
      Un día fixemos un xogo: díxenlles que lles contaría o conto de 7 máis 1 si adiviñaban cal podía ser. Quedaron tan intrigados que lle demos un repaso a varios contos ata que se decataron de qué conto se trataba. Ibamos abrindo libros e contando os personaxes: 1 lobo, 3 porquiños, 3 casiñas, 3 osos, 1 cazador, 1 avoa , 1 lobo máis, 7 ananiños, e por fin 1 cabra  e 7 cabritos.  Contamos contos e contamos nos contos! E así  oimos por .... vez o conto dos sete cabritos!. E tamén o dibuxamos!



sábado, 19 de xaneiro de 2013

FIXEMOS UN BISCOITO

      
      O xoves estivemos a facer de cociñeiros: fixemos un biscoito!. A cousa saleu porque un día un dos nenos trouxo para merendar un biscoito que fixera  con seu pai e empezamos a falar dos ingredientes que podía levar. Saleu de todo ... e eu fun apuntando no encerado o que nos faría falta para facer nós un parecido. Alí quedou varios días nos que os nenos me recordaban que tíñamos que facelo. Así que busquei a receta do biscoito de iogur e trouxen os ingredientes.

        No encerado escribín e dibuxei a receta e logo fomos decindo (e sobre todo contando) o que tíñamos que botarlle. Tíñamos na clase 22 cociñeiros impacientes por engadir cousas e por batir e remexer.

E este foi o resultado.
(Bueno , o resultado ¡comémolo todo!)
ESTABA MOI RICO!.


FACEMOS UN BISCOITO - foto montaje

    PARA REMATAR DEIXEILLES METER O DEDO NO RESTO DA MASA: ALGÚN METEU SÓ A PUNTIÑA DO DEDO PARA PROBAR ... E OUTRAS XA VEDES COMO REBAÑARON!

ASI QUE  CON ESTA ACTIVIDADE FIXEMOS MOITAS COUSAS :
 PENSAMOS, COCIÑAMOS, CONTAMOS, COMPARTIMOS  E  SABOREAMOS!


receita do biscoito de iogur:
1 iogur (este  vaso foi a medida para todo)
1 vaso de aceite
2 vasos de azucre
4 vasos de fariña
4 ovos (nas fotos vense 5...  "por si acaso")
1 sobre de levadura (pode ir sin el)
1 sobre de azucar con sabor a vainilla
mesturamos todo xunto e botámolo no molde untado de manteiga e fariña (tíñamos para escoller moldes con forma de círculo e de cadrado: escolleron o cadrado ... porque lles parecía máis grande a algúns)
quentamos o forno mentras facíamos o biscoito e despois puxémolo 40 minutos a 180 º máis ou menos
cando estivo listo levou tamén unha cobertura de azucre
E LOGO COMÉMOLO TODO!

venres, 11 de xaneiro de 2013

CANTAMOS

     Hoxe na clase estivemos cantando ... e gravámonos con micro e cascos e usando o programa AUDACITY). Como todos querían cantar algo, hoxe vou poñer os catro primeiros e seguiremos poñendo máis en próximas entradas. Os primeiros cantantes son Emma, Xoel, Comba e Arancha que escolleron a canción que eles quixeron e que o fixeron moi ben, xa que na edición só recortei algúns silencios que quedaron polo medio mentras pensaban a canción. 

ARANCHA CANTA:  "EL POLLITO AMARILLITO"


EMMA CANTA: "ERA RODOLFO UN RENO"



XOEL CANTA:  "HABÍA UNA VEZ UN BARQUITO CHIQUITITO"


COMBA TAMÉN  CANTA:  "HABÍA UNA VEZ UN BARQUITO CHIQUITITO"