O venres entregáronse na Biblioteca os diplomas do concurso de cabazas e de composicións de outono. A cabaza de Sergio e o mural do magosto feito por Xoel foron elixidos entre os favoritos. Aquí están os dous traballos e unha foto de Xoel na entrega dos premios. Páginas
sábado, 13 de decembro de 2014
Os diplomas de Xoel e Sergio
O venres entregáronse na Biblioteca os diplomas do concurso de cabazas e de composicións de outono. A cabaza de Sergio e o mural do magosto feito por Xoel foron elixidos entre os favoritos. Aquí están os dous traballos e unha foto de Xoel na entrega dos premios. mércores, 10 de decembro de 2014
O MAGO RAFA
Onte fomos á Biblioteca a ver ao mago Rafa que nos fixo unha sesión previa ás xornadas que van ter lugar en Bertamiráns e no Milladoiro.
Escolleu de voluntarios a Kayque, a Clara e Carlota que fixeron de axudantes e meteronse completamente no papel. Kayque dibuxou un sol e unha chuvieira para que o mago fixese aparecer un pano coas cores do arco da vella, Clara axudoulle cunhas variñas que se doblaban soas e que se multiplicaban e gañou unha... e Carlota saleu ataviada cun sombreiro e un bolso a xogo. O mago tamén fixo aparecer e desaparecer as cores dun libro de dibuxos ("como pode ser? decía un alumno de 1º... si eu non borrei nada."). Un rato moi divertido ...e máxico!.
![]() |
| PREMER AQUÍ PARA VER AS FOTOS DA SESIÓN |
luns, 1 de decembro de 2014
HOSPITAL DE OSIÑOS VISTO POLOS MÉDICOS FUTUROS
Futuros médicos, os alumnos e alumnas da Facultade de Mediciña de Santiago fotografiaron a actividade do Hospital de osiños que realizaron cos nenos e nenas de 6º de Infantil. Coas fotos que nos mandaron estos días fixen este video: a mesma actividade, pero vista desde outro punto de vista.
domingo, 23 de novembro de 2014
O BOSQUE DOS a-BRAZOS
Iniciamos o traballo pensando a parte no corpo que se podía empregar para facer un mural do outono. E decidímonos polas máns abertas, que parecían ramas. Logo, deitados no chan diante dun papel que ocupaba toda a clase, cada un fixo a súa árbore en este BOSQUE DE a.BRAZOS. Dibuxaron o contorno desde os dedos ata os cóbados. Mesturamos o outono, (coas súas cores cambiantes) e o coñececemento do corpo, (tiveron que escoller entre dereita e esquerda). Usamos témperas, pinceis, esponxas, espumas, follas recollidas no monte, follas estampadas... Tamén empregamos técnicas diferentes: pintamos, recortamos, imprimimos, pegamos, mesturamos cores, estampamos... e sobre todo intentamos compartir o espazo e colaborar engadindo cada un o que se nos iba ocurrindo según o que sabemos de esta estación do ano. E aínda non rematamos!
![]() |
| PREMER NA IMAXE PARA VER COMO O FIXEMOS |
Etiquetas:
coñecemento,
mural,
o corpo,
outono
sábado, 22 de novembro de 2014
O MAGOSTO NA MAÍA
O Magosto é unha das nosas tradicións máis arraigadas e o venres 14, a pesar de que parecía que non poderíamos sair polo temporal de tronos e choiva que caeu na Maía, este amainou e permiteunos celebralo. Veu un castañeiro que non traía o típico tren pequeniño: este parecía o Ave dos trens! e os pequenos quedaron pasmados cando o viron...
Tivemos dous axudante dos maiores, Miguel e Nico o irmán de Álvaro, que nos axudaron o organizar os xogos e a pintar os nenos e aguantaron o tipo ante a impaciencia dos pequenos e incluso as mostras de afecto que case tiran con eles... (Grazas rapaces!). Despois comemos as castañas nos cucuruchos e escoitamos a unhas invitadas estupendas, María, Ana e Masé, compoñentes do grupo "AS TOCADORAS DE NINGHURES", que introduciron aos
pequenos nos ritmos tradicionais da gaita, o tambor e a
pandeireta e fixerón bailar a pequenos e grandes.
E ademáis, ao longo da semana, fixemos O CASTAÑÓN. Cada neno fixo unha parte, e aínda que o comezo tivemos o típico "medo ao folio en branco" e non se nos ocurría como facelo, despois foron engandindo de todo o que se nos ocurría: hortensias e follas secas, sementes, botós, espuma, cintas para o pelo, e por suposto purpurina.... Puxen eu o tope... que senón aínda seguen poñendolle cousas!
En este enlace ao blog da Biblioteca están todos os castañóns que se fixeron no colexio en infantil e primaria.
xoves, 20 de novembro de 2014
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR
O próximo día 24, luns en horario de 16,30 a 19 horas celebrase no Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar. Esta circular que os nenos levarán mañán explica como proceder.
sábado, 8 de novembro de 2014
AREA DE LÚA
Meter as máns na terra ou na area é unha actividade que lles encanta a case todos os nenos. É un retorno á Natureza e ao contacto cos elementos naturais. Manipular area é unha experiencia sensorial para os máis pequenos que estimula a motricidade fina e axudaos a comprender e descubrir conceptos “científicos” como cheo e baleiro, lixeiro e pesado, seco e húmedo… E tamén é unha oportunidade para os maiores e incluso adultos para experimentar proxectos creativos únicos.
Un día enviaronme un video (clicar) cun "material sueco moi sofisticado": AREA CINÉTICA! ou AREA DE LÚA!. UFFF que cousa máis interesante ... e cara!. Así que buscando por aí atopei a maneira de facer a nosa propia area de lúa: caseira, barata ... e do país.
Ingredientes para facer area de lúa:
- 5 vasos de area moi fina
- 5 vasos de fariña de millo (maicena caducada!)
- 1 vaso de auga
- e logo mesturar (..mais ou menos, xa que todo foi a ollo)
- de momento ten unha caducidade dunha semana (despois ule un chisco peculiar ... e tense que renovar)
![]() |
| PREMEDE AQUÍ |
Etiquetas:
experiencia,
natureza,
video
domingo, 2 de novembro de 2014
SAMAÍN
Durante a semana pasada os nenos trouxeron a clase as cabazas que decoraron na casa para participar no concurso do colexio. Grandes, pequenas, divertidas, de medo, feitas con axuda e feitas sós, pegadas, pintadas, picadas, vaciadas ou enteiras.... había de todo!. Logo colocámolas en exposición baixo a árbore do edificio de infantil e sacamos fotos diante. Tamén fumos visitar as dos nenos de primaria: máis de 200 que ocupaban toda a entrada. Quedamos pasmados coa cantidade e coa imaxinación e creatividade amosadas por todos. (Grazas pola colaboración!). Podedes ver todas as cabazas no blog da biblioteca. Fixemos dibuxos de medo e falamos da tradición do Samaín e do Halloween, que a estas alturas se mesturan nas festas infantis.
xoves, 30 de outubro de 2014
MIGUELANXO PRADO E O DRAGÓN QUE ESBIRRABA...
Unha mostra das páxinas de este fermoso libro que conta moitísimas cousas e no que hai un dragón, un cabaleiro, unha princesa, animais... un conto con moitos contos no que os nenos recoñecen historias dentro de outras historias.
domingo, 26 de outubro de 2014
HOSPITAL DE OSIÑOS: XOGANDO A MÉDICOS
Aquí vai máis detallada a experiencia que tivemos o pasado mércores os nenos de 6º Infantil do Ceip A Maía en colaboracion coa AMPA, con Medicina Interna de Galicia (Meiga) e os alumnos e alumnas da facultade de Mediciña da Universidade de Santiago que nos visitaron.
Veredes os distintos obradoiros polos que pasaron os "pequenos médicos": aulas de anatomía, de nutrición e hábitos saudables, salas de consulta, quirófanos, salas de curas.... Os case 40 estudantes de mediciña repartiron aos nenos en pequenos grupos para que os 75 rapaces estivesen en todos os obradoiros. E, mentras, os de 3 e 4 anos andaban todos intrigados con tanta bata blanca e verde e cos esqueletes que andaban polos corredores...
Pasaron consulta facendo de papás e mamás dos seus osiños, cubriron o seu historial clínico, fixeron un repaso de anatomía, deron clase de hábitos saudables, xogaron a ser globulos blancos cazando virus, vestidos de cirurxáns operaron pacientes de plastilina nun quirófano xenial e fixeron curas aos seus osiños...
Saíron feitos uns expertos! E os futuros médicos tamén o pasaron moi ben con estes pequenos estudantes que (salvo algúns máis tímidos), non pararon de falarlles en toda a mañán ...
E de remate os alumnos de mediciña agasallaron aos nenos con un "boli gel y brilla" ...que hasta que o vin non me decatei de que era un "boli geringuilla"...
Etiquetas:
experiencia,
o corpo,
visita
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
O pasado 26 de setembro foi o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS e no colexio celebramolo cunha exposición que recollía contos e prensa en outros idiomas da Comunidade. Na entrada do cole fumos ver a exposición organizada polo equipo de Normalización e, na Biblioteca, escoitamos un conto de sobras coñecido polos nenos, pero narrado en portugués polo profe Moncho e en italiano pola profe Marisú... Carapuchiña Vermelha e Capucheto Rossso. Os nenos escoitaron verdadeiramente moi atentos... e só despois comentaron que non estaba no seu idioma habitual... Unha experiencia moi interesante que vos conto con algo de retraso por "problemas técnicos..."![]() |
| PREMER PARA VER AS IMAXES |
mércores, 22 de outubro de 2014
HOSPITAL DE OSIÑOS DE PELUCHE
O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos e pretende mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo (algún non o consigueu de todo...) e ensinándolles hábitos de vida saudables.
Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, hoxe visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros :
- CONSULTA
- ANATOMÍA
- NUTRICIÓN
- HIXIENE E VIDA SAUDABLE
- E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
- e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade e no patio, onde os nenos repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos corrían perseguindo virus.
Cada neno trouxo a clase un Osiño e inventou unha doenza que lle contou aos médicos facendo eles de pais e nais que pasaban polas consultas explicando síntomas e cubrindo fichas para cada paciente e despois, cambiando de roles, pasaron polo quirófano vestidos de cirurxáns. Moitas actividades polas que pasaban repartidos en pequenos grupos e que rematamos xustiños de tempo.
Foi unha xornada moi interesante na que aprendimos moito e demostramos o xa aprendido estos días. Foi moi divertida e pasámolo moi ben!. Na próxima entrada do blog contarei máis polo miudo e con máis fotos como transcurriron as actividades nos obradoiros.
Etiquetas:
experiencia,
o corpo,
taller,
visita
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





....jpg)



.jpg)





.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)