xoves, 25 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas Escolares

     Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares que se celebra o 24 de Outubro, os alumnos de 3 anos  participamos na decoración das follas da árbore dos libros leidos. 
   Os máis maiores escribiron os títulos de libros que lles gustan e nos pintamos moitas follas coas cores do Outono. 
  
   Despois baixamos á Biblioteca onde nos esperaban os alumnos de 6º de primaria que colaboran durante os recreos e repartímonos por grupos para que nos contasen varios contos.

      Ao primeiro estaban un pouco nerviosos pero despois soltáronse e foi unha experiencia moi gratificante para todos, grandes e pequenos. Unha maneira de fomentar a lectura, vendo como lles leen os maiores...
premer AQUÍ para ver como fixemos esta actividade

mércores, 24 de outubro de 2018

Maxia con Pedro Bugarín e Roberto Lolo

  Dentro do XIII Festival de Maxia organizado polo Concello de Ames estiveron as actuacións nos colexios dos magos Roberto Lolo e Pedro Bugarín. Este luns pasaron polo Centro e tanto os pequenos de infantil como os maiores de primaria puderon disfrutar do seu espectáculo de maxia e ilusionismo.
Os nenos asistiron entusiasmados e cando pediron voluntarios casi todos querían saír!
Unha montaxe coas fotos da actuación:
 
E dúas pezas da súa actuación:


luns, 22 de outubro de 2018

Primeiros días no cole!

   No día a día imos adquirindo uns hábitos e seguimos unhas rutinas nas que insertamos distintas actividades. Cando chegamos temos que deixar a roupa e as mochilas  ben ordenadas nas perchas para entrar na clase. Comezamos logo coa asamblea sentados na alfombra onde todos podemos falar e contar algo do noso interés. Despois o axudante reparte as etiquetas cos nomes dos seus compañeiros e xogamos a recoñecelos, contar as letras e facemos o reconto dos que estamos e os que poidan faltar... Explicamos as sesións de traballo do día e repartimonos polos rincóns. Cando chega a hora da merenda recollemos todo no seu sitio e saímos a buscar as mochilas. (Esto levounos un tempiño porque cada vez que saíamos moitos pensaban que era para ir a casa...). 


  Despois recollemos, limpamos e ordenamos a clase para ir xogar ao recreo. A veces, no patio atopamos cousas moi interesantes que nos servirán para traballar despois ou para introducir algún proxecto (un saltamontes enorme, follas, landras...). Estamos traballando co Outono.

   Nesta montaxe podedes ver algunhas das cousas que fixemos estos primeiros días.
 
 E case sempre rematamos a mañán con un conto. Dos que levamos gustáronlles moito os de Olivia, o Punto, Lola con alas, A ovelliña que veu cear, Pilocha...



   E ademáis xa fixemos a nosa primeira saída polo contorno!. Contareina na próxima entrada.

domingo, 21 de outubro de 2018

Benvidos promoción do 2018!


     Benvidos!. Por fin lle dou comezo a este blog coa nova promoción. Somos os pequenos do cole de 4ºA de Infantil!. Comezamos o curso con moitas ganas, coa ilusión de ofrecerlles aos vosos fillos e fillas a educación que se merecen e coa intención de escoitalos, atendelos e coñecer as súas necesidades e intereses para partir desa base e conseguir, todos xuntos, unha mellor aprendizaxe tanto en coñecementos como en valores.  Pouco a pouco ireivos contando as nosas experiencias e actividades cotiás. Espero que vos sirva como información xa que moitos deles aínda non saben explicar o que facemos na clase.

    Tamén comentarvos algunhas cousas:
  •    os días de psicomotricidade son os martes e os xoves.
  •    os luns merendamos co Día da froita. 
  •    lembrade marcar a roupa xa que eles non sempre a recoñecen .
  •   contamos con Carlota en Psicomotricidade, Patricia como profe de Inglés, Marta en   Relixión  e con Isabel como Apoio en algunhas sesións.
  •    seguimos coas entrevistas familiares os luns e continuarei chamándovos. 
   Moitas gracias pola vosa colaboración.

         Unha aperta.

xoves, 27 de setembro de 2018

Promoción do 2015-2018

     
   Vou rematar as entradas do blog para a promoción do 2015-2018, con esta preciosa foto de todos no Pazo da Peregrina (moitas grazas por ese día xuntos tan bonito!). Quédanvos aquí de recordo as experiencias que tivemos xuntos. Moitas grazas pola vosa colaboración ao longo destes anos, unha aperta para todos e moita sorte nesta nova aventura en primaria. Como non me gustan as despedidas só é un ata pronto... e vémonos!

mércores, 12 de setembro de 2018

Pasando a primeiro!

   Mañan vai ser o primeiro día en primaria destes pequenos que rematan 6º de infantil!. Aquí foi cando nos preparamos para a orla... despois dunhas cuantas fotos!. Escollimos rincóns bonitos do cole e fixemos varias probas: no monolito, nas roseiras, con nome , sen nome....


     Por fin chegou o día.... Unha nova adaptación, novos compañeiros, novos profes (Paco, Catalina, Mercedes), volver a ser os pequenos pero no cole dos maiores, seguramente algo de nervios pero alá imos!.   Unha aperta moi grande e boa sorte!


mércores, 22 de agosto de 2018

Contacontos dos alumnos do IES e Carlos Negro

  (aos poucos aínda sigo recuperando fotos e facendo subidas de fin de curso) . O escritor e poeta Carlos Negro, profesor do IES de Bertamiráns, veu cos seus alumnos ao Ceip A Maía a representar varios contos para os pequenos de 5 anos. El ademáis contoulles o precioso conto de Fréderick, o rato poeta. Quedamos encantados!. Grazas Carlos! 


  Os seus alumnos do IES representaron para os pequenos o conto da toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e o dos chibos chibóns. O público quedou encantado e pedían máis!.
A iniciativa foi todo un éxito. Moitas grazas rapaces e rapazas pola visita!

 Os actores!
Os contos

xoves, 5 de xullo de 2018

Pakolas, rock´n roll na Maía

 Na derradeira semana de clase disfrutamos co rock´n´roll de PAKOLAS. Na web do cole puxen unha entrada con máis información sobre o libro-CD e sobre Paco Cerdeira.

   Pasámolo xenial, a pesar da calor, con Xabarín con bombín, Mac Pac, Baldomero, Furafollas.... 

   
Neste video tedes anacos do concerto.

mércores, 4 de xullo de 2018

Cristina, Marta, un mapache e unha guitarra!

 Cristina, a nai de Marta, veu de visita a clase. Contounos o conto "Mapache quere ser o primeiro" que vai sobre o exceso de competitividade e como Mapache acaba entendendo que ser o primeiro non sempre é o  mellor xa que te perdes cousas bastante máis importantes... 

   O conto (se non o tedes recoméndovolo para o verán) está editado por Nubeocho  e é da escritora Susanna Isern que ademáis é psicóloga infantil e conta coas preciosas ilustracións de Leire Salaberria.
   Despois Cristina sacou a guitarra, explicounos como son as cordas, como se colocan os dedos, como se afina.... e deixounos probar a tocala. Coas ganas case queda sen ela pero estaban encantados. Contounos que aprendeu sola a tocar buscando tutoriais en youtube e que de pequena tiña un grupo musical coas amigas... 
           Cantounos estas dúas cancións e quedamos pasmados coa voz tan bonita que ten!

 Moitas gracias Cristina!

martes, 3 de xullo de 2018

Aprendendo a coidar bebés.

  Esta vez nas visitas de aula xuntáronse tres xeracións: a avóa Encina, a filla Bea e as dúas netas Lucía e Emma. Bea explicounos como temos que coidar un bebé. O que come, como é o tamaño do seu estómago, como se lle cambian os cueiros, como vai medrando na barriga de mamá.... 


  Preparou un power point con fotos das dúas nenas e  trouxo muñecos e cueiros para que llos puxesen os nenos... foi moi divertido. E a Emma no medio de todo e como é un bebé, entroulle a fame e pasou de nós para comer tranquiliña!
 Gracias a Bea por explicarnos como é o coidado dos bebés, e a avóa Encina por vir pasar este ratiño con nós.

venres, 29 de xuño de 2018

Visita de Patricia da Aula da Natureza

    Dentro do proxecto "Medrando en verde" no que traballou todo o alumnado do centro e cando xa estaban colocados os carteis informativos cos códigos QR, recibimos a visita de Patricia da Aula da Natureza do Concello de Ames que nos explicou moitas das árbores e plantas que temos no colexio: usos medicinais e alimentarios, follas, cortezas... e tamén algunha historia da mitoloxía grega.  E decir: o traballo de investigación dos nosos compañeiros...
  Estas son imaxes da visita na que saímos con Patricia coas clases de Marta e María que investigaron sobre o carballo e os xirasois. E nós fixémolo sobre o bambú. (tamén o puxen na web do cole)



xoves, 28 de xuño de 2018

Plantamos un bosque

  (como xa vos dixen, por problemas técnicos co ordenador e de tempo, quedáranme varias cousa por subir ademáis das dos últimos días. Aquí vai a primeira e xa vos avisarei cando peche o blog no verán).

   No outono xuntamos sementes de camelias, de carballos, de carballos americanos, de arces do patio... e despois escollimos e plantamolas. Mais adiante fomos engadindo sementes das glicinias do patio que nun par de semanas acadaron o tamaño que levaron, e tamén pepitas de laranxas e mazas das merendas. Levamos a conta anotando os días ata que comezaron a brotar e finalmente todo o que comezou sair na primavera empaquetámolo a comezos de verán para levalo a casa e coidalo... Durante meses coidámolos na clase  e agora son a súa responsabilidade...