![]() |
Bave circus |
Páginas
domingo, 27 de febreiro de 2011
O CIRCO DOS CARACOIS
OS CARACOIS
Temos novas dos nosos caracois: seguimos a aprender máis cousas sobre eles e estamos a facer un pequeno proxecto . Tamén atopamos ¡por fín! o sexto caracol que se nos fugara antes do Nadal. Vese que non pasou fame, porque tiña de sobra que comer nas macetas que temos nas fiestras. Os outros tamén están a engordar, xa que comen berzas frescas e agora os nenos aproveitaron as sementes de céspede que nos sobraron de outro experimento (que xa vos contarei noutra ocasión) e plantaronas na súa caixa e xa están medrando (alí ... e de paso en tódalas macetas da clase...)
Ademáis de aprender cousas sobre a forma do seu corpo, as partes, alimentación, desprazamento, reproducción, etc.. agora estamos a ver como algúns pintores famosos representaron os caracois e as espirais, as técnicas que usaron e como podemos facelo nós. Vimos que estamos rodeados de espirais e cousas relacionadas cos caracois tanto na natureza (zarcillos das viñas, fieitos, colas de camaleóns, a lingua das bolboretas, no noso oido...), coma na arte (pintura, escultura...), na arquitectura (escaleiras de caracol, casas...), mediciña (crema de babas de caracol...), no clima (tornados, tormentas...) e ata no espazo (galaxias espirais...) . Así que xa podedes ver como partindo dun animaliño tan pequeno acabamos chegando a falar ata das estrelas que hai nas galaxias máis lonxanas...
Parte do que estamos a facer podese ver neste issuu:
xoves, 24 de febreiro de 2011
MÚSICA CLÁSICA NA CLASE
Ás veces, na clase non só oimos cancións sinxelas, supostamente máis adaptadas aos nenos e nenas de 3, 4 ou 5 anos. Tamén escoitamos música clásica. Neste caso o que escoitamos foi "A TRAVIATA" de Verdi con imaxes feitas coa técnica do stop motion en plastilina.
Tamén escoitamos o preludio da Traviata e neste caso o soporte visual son as orixinais e creativas imaxes realizadas polo ilustrador Mackenzie Thorpe.
Unha maneira de achegarnos á música clásica e comezar a apreciala e valorala...
luns, 21 de febreiro de 2011
POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA...
A través deste pequeno e aparentemente sinxelo conto de Jerome Ruillier pretendemos, nada máis e nada menos, que os nenos e nenas intenten poñerse no lugar dos outros. Un cadradiño xoga con círculos , pero cando pretenden xuntarse na casa destes, non pode entrar porque é diferente... Falamos das pequenas diferencias, das dificultades e buscamos posibles solucións. A partir da análise dun problema, buscamos posibles maneiras de solventalo e a maioría foron capaces de atopar e expresar a mesma solución que dá o conto. Tendo en conta que desenvolver a capacidade de empatía non é nada doado , nin siquera unha capacidade ó alcance de moitos adultos, non o fixeron nada mal....polo menos tratándose de cadradiños e círculos...Agora trátase de desenvolver esa capacidade de empatía e procurar ser mellores como persoas...
Wangari Maathai e as árbores da paz
Cando lles contei esta historia, tódolos nenos e nenas que a escoitaron, acabaron con gañas de plantar polo menos unha árbore....
Salvar bosques afastados de nós está moi ben, pero para que os nosos nenos e nenas tomen conciencia de esa importante necesidade, debemos comezar por plantar unha landra nunha maceta da clase ou unha camelia no patio... Si lle botades unha ollada ao noso patio, podedes ver algunhas das plantas e árbores que, aínda que temos moi pouco espacio, cada promoción foi engadindo ...
¡Agora botade contas ... somos máis de 600!
Este é o poder real dun libro...
«Só cabe progresar cando se pensa en grande,
só é posible avanzar cando se mira lonxe».
José Ortega y Gasset
"Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza".
Jackes Rousseau
só é posible avanzar cando se mira lonxe».
José Ortega y Gasset
"Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza".
Jackes Rousseau
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)