View more presentations from castrigo
Páginas
xoves, 28 de abril de 2011
martes, 19 de abril de 2011
Levamos os caracois ao monte
Como marchábamos de vacacións, tivemos que mirar o que facíamos cos animáis da clase: eu levei a tartaruga, os renacuajos poden manterse sós no acuario, pero os caracois tíñan que comer fresco, así que pensamos en levalos ao monte do Sr Manuel (que calquer día vai ter que cobrarnos entrada...)
Así que o venres preparámonos, aproveitamos que estaba na clase a profe Mavi, e saímos ao monte a facer unha "solta controlada" de caracois. Alá nos fomos todos, menos Sara que estaba maliña (un bico para ela) e, cos caracois nun bote, entramos no souto a buscar o mellor sitio para que vivisen . E alí os deixámolos, debaixo dos carballos, para que fagan amigos.
Creo que teremos que ir máis veces ao monte, porque algún díxome que o Sr Manuel tiña que cortar máis "o céspede". E menos mal que non pasamos polos toxos...
domingo, 17 de abril de 2011
O trasno Derdrín
Estas fotos chegaron hoxe ao correo da clase e mandounolas o trasno Derdrín para que coñezamos ao seu amigo o escritor *Agustín Fernández Paz* e para que saibamos que sí que atinamos co seu agocho cando anda polos montes da Mahía. O que pasou foi que o venres non estaba e sempre deixa unha pedra no burato para que non se lle metan os paxaros a aniñar dentro.
![]() |
Derdrín e Agustín F. Paz |

Tamén nos pide que coidemos moito as árbores e non arrinquemos as flores do xardín e que non tiremos lixo por ningures, xa que está moi preocupado, triste e anoxado pola cantidade de basura e pedrolos que hai cerca do seu carballo. Tamén me dí no correo que Leodoro, o trasniño verde da Biblioteca, lle dixo que este é o ano mundial dos bosques e que, cando volvamos de vacacións, podiamos ir a plantar outra árbore no sitio da camelia que atopou seca no xardín, e así colaborar na campaña de *Wangari Maathai* para *plantar mil millóns de árbores*. Contoume que vai investigar en noutra clase de árbores ( as árbores xenealóxicas) para ver si Leodoro e máis el son algo parentes...
Etiquetas:
Agustín Fernandez Paz,
derdrín,
Wangarii Maathai
sábado, 16 de abril de 2011
"NO CORAZÓN DO BOSQUE"

Á volta das vacacións imos rematar de leer o libro e temos que seguir a aprender máis cousas dos trasnos.
Na clase estamos encantados co libro tan bonito que escribeu Agustín! (ademáis mandounolo adicado para os nenos do colexio)
domingo, 10 de abril de 2011
VISITA A APÍPOLIS

Cando chegamos alá o primeiro foi unha parada técnica (nos baños), despois unha explicación das normas e logo os monitores repartíronnos en catro grupos mesturados das tres clases. As profes andivemos un pouco por tódolos grupos, para ver o que ían facendo en cada un. Teñen preparados varios talleres: 

- a casa das abellas, que é coma un museo interactivo onde aprender todo sobre elas
- o taller do mel, onde aprendimos a desopercular e comimos polen e mel
- o taller de facer velas coa cera das abellas
- e o apiario, que non hai comentarios, xa que hai que meterse dentro: ¡é impresionante sentilas zoando a carón , e pousarse enriba de tí!
Os rapaces portarónse moi ben e ademáis Nicolás, que é o coordinador de Apípolis, comentounos que os rapaces xa sabían moitas cousas das abellas e claro ¡quedamonos todos anchos!
É unha visita moi recomendable, tanto polo que aprendes sobre as abellas, como pola coidadosa e interesantísima instalación e a variedade das actividades, como polo trato que nos diron Nicolás e o resto dos monitores. ¡Moitas gracias!
É unha visita moi recomendable, tanto polo que aprendes sobre as abellas, como pola coidadosa e interesantísima instalación e a variedade das actividades, como polo trato que nos diron Nicolás e o resto dos monitores. ¡Moitas gracias!
VIAXE A APÍPOLIS
LIBRO DAS ABELLAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)