O noso lema da paz dí que "non é cousa de UN día", e cando na clase traballamos este tema, escollimos o cadro "Nena con pomba" de Pablo Picasso. Pintada en París, fai máis de 100 anos, por un Picasso de apenas 20, é un óleo
sobre lenzo con medidas de 73 por 54 centímetros, considerándose unha das súas
primeiras pinturas.
Fixemos a nosa interpretación do cadro a partir das liñas do contorno da nena e traballamos os conceptos de fondo e figura. Empregamos ceras blandas xa que permiten unha boa mixtura das cores e parecen transmitir mellor a tenrura da nena acariñando a pomba.A mensaxe está máis nas máns e nos ollos na nena que no páxaro. Do orixinal só tíñamos que respetar a cor blanca da pomba. (...que, por certo, sempre me pareceu un animaliño ben pouco pacífico para ser escollido como símbolo da paz!).
Premendo na imaxe podedes ver o resultado do traballo dos nenos:
clicar para ver os nosos cadros |
E esta é outra perspectiva a partir do cadro de Picasso, que está no blog da Biblioteca:
os nenos non queren a guerra |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!