Esta semana adicámola a traballar sobre a paz: o que eles entenden por paz, o que saben sobre as guerras, cómo nos afecta a nós e o que escoitan nas noticias e aos maiores. Buscamos e contamos contos sobre a paz ("Blancos e negros", "Os nenos non queren a guerra" e algúns máis, como os que teño postos no muro de pinterest que enlazo aquí (clicar) para que lle deades unha ollada. Outra actividade que lles gustou moito foi que vimos e comentamos algúns cortos que tratan o tema e que teño postos no blog da Biblioteca ("Sadako e as grúas de papel", "Tolerancia", "A pomba da paz", "Abrazos" etc...)
E cantamos e bailamos a canción "a Muralla", fixemos pombas da paz coas máns e preparamos unha postal na que escribimos as tres palabras que escollimos entre moitas, para intentar explicar o que é a paz para nós (respeto, amor e abrazos). De remate, entre todos intentamos explicar nun lema o noso desexo para a paz. Aquí saleu de todo:
- que reine a paz
- que todos sexamos bos e con cartos !
- que todos nos queiramos moito.
- que non nos peguemos
- que nos respetemos todos
- que a paz non sexa cousa de un día (este é o que lles digo sempre eu, pero eles engadiron : senón de todas as semanas, os meses e os anos... por dar a puntilla!)
- que sexamos amigos sempre
- que non arranquen os capullos do xardín
- non tirar xoguetes os demáis e non atropelar
- ter unha boneca que repita todo o que digo
- que todos cumplan as normas
- qie non pelexemos por facer algo...
- queremos unha clase feliz
- queremos un mundo feliz
- e así un montón máis de desexos "pacíficos"
Logo tivemos algún desexo algo "despistado" como "que as momias e os piratas non pelexen" ou "eu desexo unha muñeca que repita todo o que eu digo"... e todo esto intentando practicar o respeto e a tolerancia cara os demais.
Como cada clase tiña que escoller un desexo para poñer no muro da paz na entrada nós fixemos un refundindo varios dos que dixeron e quedounos así:
O venres baixamos a xuntarnos cos de primaria a cantar a canción e decir os desexos da paz: con cada un soltaríase un globo. E aquí, coma sempre e a pesar dos investimentos económicos e numerosos técnicos que sempre nos garantizan , foi onde nos fallou o són, para desespero de todos os que organizaron e dos nenos que participaron. Tamén temos que ter en conta que case 700 nenos e un pabellon aberto, non son garantía da mellor acústica...que lle imos facer: é o que temos e os nenos traballaron arreo para esto.
Agora póñovos aquí unha presentación co traballo ao longo da semana:
SEMANA DA PAZ 2014 CLICAR |
Tamén vos enlazo con un muro con libros sobre a paz o respeto e a tolerancia, no que podedes atopar moitos contos moi interesantes:
contos para a paz CLICAR |
clicar para ver |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!