Hoxe iniciamos o día do Antroido coa visita dos alumnos maiores vestidos de XENERAIS DO ULLA. Impresionantes os disfraces que traían os rapaces e rapazas... e impresionados quedaron os pequenos, xa que foron pasando por todas as clases para dar os VIVAS.
Entre ex-alumnos e irmáns foi un comezo moi divertido. Parece ser que a orixe de esta tradición, na que se imitan os vistosos uniformes militares, está nos enfrentamentos armados do século XIX: a loita contra os franceses durante a invasión napoleónica, a batalla de Cacheiras e as loitas carlistas. Celébrase nos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de
Cruces. Ademáis o Antroido dos Xenerais ten o recoñecemento pola Xunta de Galicia de Festa de Interés Turístico de Galicia. Ademáis, onte os maiores de primaria tiveron a visita duns auténticos Xenerais do Ulla que lles explicaron esta tradición na clase.
E cando baixamos o desfile do Antroido pasamos por un corredor formado polas espadas dos xenerais que máis tarde abriron a festa "a cabalo".
CLICAR PARA VER OS XENERAIS NA CLASE |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!