Seguimos aproveitando materiais de refugallo pra facer traballos na clase. Xa temos visto o que dá de sí unha caixa de cartón e onte fixemos esculturas con anacos de porexpan que viñeran de recheo protexendo algún equipo informático. Utilizamos palillos de cociña para ensartar as pezas... e cada un deixouse levar pola súa imaxinación. O malo era que o gardalas para levar a casa desfixéronse moitas... Probablemente non chegaron enteiras a casa pero o importante foi o proceso de crear! (ademáis eran esculturas reconstruibles, podían armar e desarmar todo o que lles daba de sí a súa creatividade...).
Premede na imaxe para ver como traballamos con este material...
esculturas de porexpán |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!