Un día, cando estábamos recollendo, un neno intentaba con todas as forzas meter un xogo grande nunha caixa pequena e outro berroulle: "non ves que non cabe, que é moi grande!".... entón eu pregunteilles se sempre era así, se non se podería meter algo grande nun sitio pequeno. Por suposto todos dixeron que non, pero eu propúxenlles o coñecido experimento de meter un ovo dentro dunha botella. Trouxen o material preciso: alcohol, algodón, OVOS COCIDOS, e un mecheiro... e comezamos o experimento.
Conseguimos meter o ovo dentro da botella (queimando o osíxeno que tiña dentro), cousa que os deixou pasmados (sobre todo porque podían ver como se deformaba ao pasar polo pescozo da botella e polo ruido que facía PLOP!)... Pero sempre nos ESTOUPABA dentro da botella. O profe Jose recomendounos picar o ovo ... pero estoupou igual. Cambiamos a botella de cristal por unha de plástico.. pero o que conseguimos foi unha lanzadeira de ovos, xa que o cambio de presión foi tan brusco que a botella encartouse de todo e lanzou o ovo fora! Pero a última vez o ovo entro tan amodiño que pudemos velo estupendamente.
Finalmente aprendimos a meter ovos na botella e que si queimábamos o osíxeno que estaba dentro da botella o ovo tiña que entrar a cubrir ese espacio (xa que si quitabamos algo, algo tiña que entrar) pero non conseguimos averiguar a maneira de que os ovos non estoupasen dentro. Se alguén sabe a solución, esperamos impacientes que nola pasedes!
clicar para ver as fotos da experiencia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!