Onte fixemos un experimento que nos resultou fascinante: empregamos un péndulo para pintar e crear curvas moi interesantes (que parece que se chaman figuras de Lissajous
polo científico francés que as estudou). Tamén falamos das forzas que fan
que se mova o péndulo e de como se move a terra aínda que non o notemos.
Para facer o experimento atamos unha corda do teito da clase e colgamos unha botella chea de pintura boca abaixo e co tapón furado. Logo colocamos un papel grande baixo a botella e soltámola con impulso e deixámos que dibuxase ... Fomos probando distintas cousas: burato pequeno, logo máis grande, pintura espesa que facía goteos e máis líquida para crear lineas continuas e tamén distintos movimentos ao lanzar a botella. Así xurdiron formas ovaladas, elipses e espirais. Tamén fomos cambiando o recheo de cor da botella...
E o resultado, que foi precioso, é este:
pintando co péndulo |
E despois tamén atopei a Tom Shannon un pintor de Manhattan que emprega o péndulo para crear moitas das súas obras, mesturando arte e ciencia ... igualiño que fixemos hoxe na clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!