Decoramos o cole (puxemos a árbore da entrada!), contamos contos, e cantamos cancións (as que puxen no simbaloo). Un grupo de maiores veunos ler un conto do patiño feo e o derradeiro día tomamos chocolate con churros.
os maiores que nos leron o conto do parruliño feo:
fomos ver e escoitar a Luis Vallecillo e os seus títeres
Tomamos chocolate con churros!
Cristina, a mamá de Leo, regalounos esta preciosa e riquisima tarta de galletas de xenxibre
pintamos a árbore de Nadal e fixemos un posado para as postais
e fixemos as bolas e as árbores para decorar no cole e na casa
Reciclamos e pintamos de novo a árbore que fixen o ano pasado cos maiores.
E decorámola coas bolas que despois levaron a casa.
E despois de todo esto só queda desexarvos un Bo Nadal e feliz 2016 para todos!
A semana pasada unha compañeira e máis eu estivemos dándolle voltas a Symbaloo, unha ferramenta de internet moi interesante para gardar enlaces a contos, cancións e actividades que nos interesan de cada tema. Púxenme a ver como se podía facer e aquí está o primeiro simbaloo cosrecursos de Nadal que seleccionei para nós. Aos nenos gústalles moito porque xa ven de que vai cada recanto. Se premedes aquípodedes abrir o mesmo que temos na clase na PDI .
Moitos nenos contáronnos que nas súas casas xa tiñan posta a árbore de Nadal. Así que díxenlles si querían axudarme a poñer a do cole. Por suposto querían todos!. Saímos de clase e sentámonos na entrada diante dunha caixa grande que gardaba todo desde o ano pasado. Abrímola rápido, porque estaban impacientes e Mónica e eu montamos a estructura, estiramos as polas e cando o rematamos, os nenos foron os encargados de escoller e colocar os adornos (con axuda, porque ou non chegaban ou poñían un e caían dous...).
Despois, sin que eles o viran, colocamos as luces e Inés foi a encargada de darlle ao botón do encendido. Que cariña de emoción!!!. Cando o viron así, ata lles parecía que era máis grande!. E cómo presumimos de árbore e de traballo con todos os que pasaron por alí!. Quedounos moi bonito!
O martes fomos ata a Biblioteca. Entre poñer abrigos, colocarnos, repasar as normas, enfilar, ver caer as follas da pérgola e saudar a todo canto atopabamos de camiño.... levounos un bo rato. Por fin chegamos, explicamos as normas de Leodoro para a Biblioteca e vimos que os axudantes tiñan colocadas unhas estanteirías cheas de libros de Nadal. Eu escollín o libro "Feliz Navidad, Splat" de
Rob Scotton(autor e tamén ilustrador dunha colección de historias moi divertidas da que este libro forma parte). Expliqueilles que podíamos levalo a clase, pero que tíñamos que apuntarnos na libreta de préstamos.
Aquí estamos poñendo "cara de foto" na zona azul de prelectores:
Cando volvimos a clase estabamos un chisco cansados: parecía que en vez de subir a rampa víñamos de subir o Everest!. Así que cando recollimos todo, sentámonos na alfombra para escoitar a divertida historia de Splat. Algún estaba tan canso que quedou durmido!
Resumo do conto: a noite de Nadal Splat, despois de facer a carta a Papá Noel, espera recibir un gran agasallo... pero de
súpeto entranlle dúbidas de si sería o suficientemente bo... Pensa que aínda
está a tempo de arranxalo e éntranlle unhas enormes ganas de demostrar o bo que é. E comeza a axudar en todo... Demasiado!. Ao final recibe xusto a caixa vermella que el debuxara na súa carta. Pero non sabemos o que ten dentro... E ninguén de clase o preguntou: sinal que tamén eles se percataron de que o importante non era o regalo en sí, senón a sorpresa e o cariño con que llo diron todos os membros da súa familia.
Por certo: desde o martes están a recordarme seguido que "teño que levar o conto á Biblioteca e borrarme da lista": esa norma vese que nos quedou moi clara jeje.
A principios do outono atopamos as landras do carballo americano que temos no patio e tamén moitas sementes de arce (as que vos levaron algúns para casa). Contamos o conto de "Xaime e as landras" e fixemos coma o protagonista: plantar algunhas das landras en macetas de clase. Esperamos e esperamos... pero debeunos pasar coma no conto e non naceu ningún carballo.
Despois probamos con outras sementes máis grandes (aguacates) e máis pequenas (liño) con diferentes resultados. Tamén plantamos os curiosos rizomas do xenxibre e estos parecen a piques de agromar.
Un día trouxenlles moitos bulbos de tulipáns e na etiqueta pareceunos unha flor preciosa e baixamos a plantalos no xardín. Costounos atopar ocos porquexa temos plantados bulbos de narcisos e tamén allos de monte que darán unhas delicadas flores blancas dentro de nada. Aprendimos o xeito correcto de plantalos, co pico para arriba eagora toca esperar ata a primavera!
O conto dos tres porquiños é un clásico ao longo de xeracións de pequenos, en tódalas versións posibles, imaxes, cores, formatos, con finais de todo tipo... e, por non ser menos, na clase é un dos nosos preferidos e solicitados.
Esta vez ademais de escoitar o conto, fixemos as casas dos porquiños empregando virutas para simular a palla, e gomets para facer de ladrillos.... Cando rematamos as casas de palla parecía que pola clase pasara o lobo soplando e soplando.... pero despois quedou moi recollido!
Ademáis falamos de cómo viven os porquiños, de cómo e porque se bañan na lama e empregamos o buscador para escoller tres imaxes dos porquiños realizando actividades diferentes: as escollidas foron estas.
Para pintar a lama na que se embadurnan escollín un producto que temos nas casas: o café. Primeiro intentamos adiviñar a través do olfato o qué lles parecía.
Despois descubrimos que podíamos pintar con él se o mollábamos con auga e conseguimos unha cor moi parecida á lama e ademáis un traballo moi oloroso!.
Pasámolo moi ben co noso primeiro café: aínda que xa saben que eso é "para maiores".
Durante o Outono fixemos varias actividades coas follas: saímos a observar como cambiaban de cor nas árbores, recollímolas no instituto, xogamos con elas no patio de area, fixemos atados coas máis grandes e bonitas (que agora temos pendurados na clase). Secámolas, rachámolas en anacos miudiños practicando a destreza motriz e pegámolas nos folios. Tamén levaron unhas cuantas nas mochilas: un agasallo para vós que recollían con moito cariño!. Non lles importaba que tivesen area ou estiven magulladas, era o xeito no que expresaban o seu cariño pensando en papá e mamá.
Unha tarde, despois de retirar a exposición das cabazas quedei mirando para o mural do Samaín que estaba de fondo, e co aquel de reciclar (e aforrar papel e tempo), funo transformando nun bosque de outono. O ceo cambiou de cores e medraron varias árbores que deixeu coas polas sen follas....
Cando chegaron pola mañán fíxenos pensar que podíamos facer con esas
árbores desnudas e escoitamos e cantamos de novo unha canción que nos gusta moito. Póñovola aquí.
Despois conteilles o conto da árbore sen follas. A música non nos gustou moito, pero a historia sí, e foi o que lles dou a idea do que podíamos facer coas nosas árbores sen follas.... Como vedes xurdeu de xeito "expontaneo"!
Usamos o buscador do firefox para atopar os modelos de follas que máis nos gustaban e escollimos unha de carballo e outra de castaño (andabamos a voltas co magosto)
Buscamos nas caixas de ceras as cores que máis se aproximaban as follas que observamos, aínda que algúns van por libre, e cada un pintou un par. Despois púxenlle as súas caras para que cada un recoñecera as súas.
Achegámonos ás árbores e vestímolas pegandolles as follas ...
Este foi o resultado: traballamos o coñecemento do medio físico e participamos na decoración e ambientación do colexio.