Os pequenos de 3 anos achegáronse á tradición dos maios e fixeron este de papel. Despois buscaron e escolleron en internet as flores que lles gustaban.... e, como vimos maios que levaban ovos e froitas, tamén lle puxeron limóns.
Pintáronas e
recortáronas e como algunhas eran un pouco máis dificiles algúns
encargáronse de repasar os recortes e así todos colaboraron na súa
medida. Aínda así algunhas acabaron un pouco recortadas de máis... e sin posibilidade de reconstrución.... Cuestión de practicar.
Cando todo estivo rematado, clasificaron por tamaños e pegáronas facendo grilandas... Quedounos un bonito maio que compartimos cos compañeiros do cole colgándoo na entrada.
A música que acompaña este video é de Luis Emilio Batallán coa letra do poeta Manuel Curros Enríquez (Aires da miña terra).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!