Para conmemorar o día do libro, no mes de abril comezamos a recibir na clase as visita de mamás e papás que nos viñeron a contar un conto. Na primeira visita Sandra a nai de Maeba contounos o conto "La oruga glotona", "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle. Trouxo monicreques de pao e figuras dos alimentos que vai comendo a eiruga desde que nace ata que se transforma en volvoreta.
Tamén nos trouxo dibuxos de eirugas para colorear e cando marchou rematámolas e puxémoslle paos para facer tamén un pequeno monicreque que foi o que levaron a casa.
Pasámolo moi ben a pesar de que a Maeba lle costou "un pouquiño" deixar marchar á súa mamá....
Grazas Sandra por colaborar nesta actividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!