Dentro das actividades de animación á lectura, visitounos Ana, a nai de Telmo para ler na clase un dos seus contos favoritos: a ovelliña que veu cear. Unha historia chea de humor e tenrura... na que o lobo non é o que parece.
Pero os lobos son lobos... ou non?
Un lobo vello e cheo de fame que só ten sopa de verduras no plato reciba unha inesperada visita: unha ovelliña aterecida de frio que lle peta na porta. O lobo ten moita fame pero prefire esperar a que a ovelliña esté en mellores condicións para comer: que non estea fría, que non teña hipo e que non estea tan
famenta. Pero mentres o lobo se vai ocupando de todo isto vanse collendo cariño mutuamente e faina marchar para non chegar a
comela... Con momentos de humor e tenrura demostra que si recibimos suficiente cariño, todos podemos cambiar e coma o lobo superar a nosa natureza...
O autor, e tamén ilustrador, Steve Smallman, ten moitas outras historias que podedes ver AQUÍ.
Ana, axudada por Telmo, que estaba supercontento de tela na clase, contounos este conto que aínda que xa coñecíamos sempre nos gusta moito. E de remate agasallounos cunha ovelliña feita con goma eva para cada un.
Moitas grazas Ana por vir a contarnos este conto tan bonito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!