domingo, 10 de novembro de 2013

O SAMAÍN, OS MONSTROS E O MEDO

   Estos días, coa celebración do Samaín e as festas de Halloween en clase falamos das cabazas e das cousas que nos dan medo. A cada un dábanlle arrepíos diferentes cousas: as momias, as bruxas, os zombis, as serpes, os dinosauros, as formigas comenenos, os piratas-esqueletos e os lobos feroces... Como vedes hai de todo e bastantes cousas que están inspiradas nas películas que ven. E como curiosidade direi que aínda que os lobos feroces (que son os dos contos) danlles medo, sempre dín que tamén hai lobiños bós (os que teñen fillos aos que coidar e alimentar...) 

      Entre todos puxémonos a pensar un monstro: eu ía engadindo todo o que se lles ocurreu para que dixe moito medo: cabeza grande, ollos de diferente tamaño, cornos, cousas saíndo das orellas... e do narís, e moitos moitos dentes... eles correxían o que eu dibuxaba na pizarra e despois cada neno dibuxou o seu propio monstro. 
     E aquí tedes os terribles monstros do Samaín!

xoves, 7 de novembro de 2013

CABAZAS DIXITAIS...

    
    Andamos a practicar o uso do rato con varios xogos e este de pintar gustoulles moito xa que é do Samaín. Varios nenos pedíronme que llelo puxera "no blog deles".... e logo  máis queríano tamén "no seu blog da casa"... Así que este é o enlace, pero máis adiante irei engadindo  máis na páxina de xogos que se abre ao clicar na pestana de arriba.





domingo, 3 de novembro de 2013

FESTA DA COLLEITA NO OUTONO!

     Ao longo do Outono era a época da colleita de moitos froitos e tamén de hortalizas como as cabazas. Recollíase o millo, as castañas, facíase a vendima etc...A tempada da colleita remataba coa festa do Samaín unha celebración  agraria que sinalaba o final dunha estación. Esta tradición é de orixe celta (que hoxe moitos mesturan co Halloween dos zombies, vampiros e bruxas...pola influencia das películas) e nela empregábanse as cabazas decoradas para meter medo aos enemigos e aos mortos e pantasmas. Poñíanse nos cruces dos camiños por ser sitios de paso e nas portas das casas para protexelas... Bueno, en realidade o que poñían os celtas, espetadas en paus diante das casas, eran as caveiras cortadas dos seus enemigos e a tradición foi derivando ...

       Esta tempada na clase fixemos a nosa particular colleita: os nenos e as nenas traían a clase cabazas, millo, uvas, castañas, noces... e incluso a nosa conserxe nos trouxo millo de cores moi diferentes (cada vez quedan menos de esas fermosas e orixinais variedades). Eu levei a clase unha manchea de cabazas de formas e cores moi diferentes. Alvaro trouxo pipas da súa cabaza e, como xa  tiñamos máis na clase, plantamos algunhas no terrario e xa están medrando!

  
    Despois fixemos sesións de "trae e conta" nas que cada neno explicaba algo sobre o que traía. Logo fixemos tamén varias de "degustación" e comimos: uvas, laranxas, mandarinas... comparando e explicando sabores, texturas  e tamén olores.Tamén diferenciamos entre froitos secos e froitos carnosos e pronto comeremos as castañas cando celebremos o Magosto!
       En esta presentación vedes varios momentos de estas sesión de "trae e conta" e tamén como rematamos indo a ver a exposición do samaín que fixeron nas casas: cabazas decoradas con moita arte, reloxos, bonecas de milllo, colares, aneis, animaliños de xoguete...un sinfín de traballos moi creativos. MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! (as fotos da exposición de infantil e primaria estarán pronto no blog da Biblioteca)

sábado, 2 de novembro de 2013

PINTANDO HORTENSIAS NO OUTONO

   No outono vemos moitas cousas que cambian de cor: as follas, as árbores, o ceo... e entre todo eso tamén as hortensias do xardín, que antes foron azuis e agora están aviñadas. Trouxen a clase unha manchea de flores (en realidade, as verdadeiras flores da hortensia son unha cousa pequeniña agochada detrás destas falsas flores) e despois de tocalas e observalas detidamente puxémonos a pintar cada un a nosa hortensia de papel. Escollimos as cores máis axeitadas e coa punta do dedo comezamos o traballo: levounos bastante tempo, xa que fomos aos poucos intentando conseguir a mestura máis real e bonita.
  En esta presentación vedes o proceso: como pintamos coa punta do dedo e como despois intentamos darlle ese tono aviñado e seco coas  mesturas.

  • O PROCESO



martes, 22 de outubro de 2013

MANDARINAS MATEMÁTICAS


      Estos días andamos probando froitas do outono e hoxe tocoulle as "mándarinas matemáticas" . Trouxen unhas cuantas mandarinas para probar e sentamonos na alfombra para repartir: plantexounenos un problemas, xa que empezaron a contar e ao tratar de repartilas non chegaban para todos. Así comezamos un problema de cálculo. Como poderíamos facer para que todos comesen o mesmo?: unha por mesa e sobraban, tres e non chegaban ... Ao final deron coa solución despois de varios ensaios-erros: dúas por mesa e sobraban unha (que me deron a mín ). Entón repartiron unha para cada dous , aínda que logo comezou unha pequena sesión de troco... E finalmente comemos todas as mandarinas matemáticas!


luns, 21 de outubro de 2013

LARANXAS VERDES NA MAÍA

 
   Na clase estamos a probar algúns froitos que maduran no outono: uvas, mandarinas... e un día pasei polo xardín do cole (o que imos intentar transformar nun pequeno horto) e collín UNHA LARANXA ALGO VERDE. Leveilla os nenos e como a maioría nunca viran algo así, intentaron adiviñar o que era: un limón, unha lima... pero ningún pensou que podía ser unha laranxa. A cor deixounos desconcertados... Quedamos en volver a ver como maduraban para coller máis.    
      Despois peleina e troceeina para  ver a que sabía: un par non quixeron probar, unha só quixo probar a parte blanca e os demáis diron boa conta do resto. Intentamos explicar a que sabía: os sabores ácido, amargo e doce... Traballamos tamén co olfato e finalmente deixamos a codia na clase varios días para ir vendo o que lle pasaba e como se íba secando pouco a pouco e cambiando a cor e o olor. En esta presentación está o que fixemos:

mércores, 16 de outubro de 2013

COMPOSICION MONDRIAN



   Onte estivemos vendo algunhas das obras do pintor PIET MONDRIAN e despois puxémonos a  inventar as nosas propias composicións. Traballamos con tiras de cores que tíñamos recortadas de unha obra nosa anterior: primeiro vimos as tiras, contámolas, comparamolas e logo fixemos distintas composicións sobre as mesas e finalmente cada un pegou a súa nun papel A3. Traballamos indicadores espaciais: diante, detrás, arriba, abaixo...





   
       Despois saqueilles fotos a cada unha das composicións, "ENMARQUEILLAS"   e puxémolas nunha exposición na entrada do cole. No cambio da obra real á fotografía tivemos un traballo engadido de observación para recoñecer cada un a súa obra e a dos demáis, xa que cambiamos o tamaño e tamén cambian as tonalidades.

xoves, 10 de outubro de 2013

CORES E IMPRESIÓNS...

      Onte atopei na rede unha noticia sobre Iris Grace, unha nena de 4 anos, autista, que aínda non fala ... Despois busquei o blog que fixeron seus pais e quero compartilo con vos.  Según lin no blog, Iris ten dificultades de relación e  era agresiva cando se atopaba outros nenos na gardería, non falaba e  non tiña interés en expresarse de ningún xeito. Pero un día  á pequena chamaronlle a atención os trebellos de pintar da súa nai ... que lle deixou probar... Comezou a mesturar cores e esto foi o que pintou. A verdade é que impresiona o emprego das cores que fai a pequena ...

un cadro de Iris


clica aquí para ver o blog de Iris Grace


domingo, 6 de outubro de 2013

O DOCE DE MAZÁ DE IKER

   
     Esta semana Rita, a nai de Iker, preguntoume si podían compartir con todos un doce de mazá que fixeran na casa. Por suposto apuntámonos a larpeirada: un postre elaborado con un froito do outono!.
     Iker trouxo o doce a clase, contounos como o fixera a súa avóa usando só mazá e azucre e reparteu anaquiños a todos para probalo. Algúns só probaron anaquiños, dous non o quixeron, varios tripitiron e entre todos demos boa conta del: deixaron a friameira baleira... ESTABA MOI RICO!.
      
 Así que desde aquí gracias a avóa de Iker por facelo, a Rita por mandalo e a Iker por compartilo.


 
(Tamén gravamos a Iker contando todo o proceso: como a avóa escollera as mazás , as pelara e as cocera. Contouno moi ben,  pero o video tivo "un fallo técnico" e non podo subilo. Outra vez será)

eXpresións!

     Desde que volvimos das vacacións na clase respírase un ambiente de "xente maior". Os nenos e as nenas da clase son conscientes de que xa non son os pequenos do colexio.Ven pasar aos novos alumnos, tan pequeniños! e incluso lles botan unha man cando os ven chorar ou intentando vestirse ou cando nos asoman pola porta. (De todos xeitos aínda non lles perdonaron que nos colleran o noso patio!). E cada día escoito frases que non me podo resistir a reproducir aquí: confeso que con algunha delas non puden parar de chorar... de risa!. Eso sí, eles dixéronas con toda a seriedade do mundo e eu escoiteinas con toda a que puden... Aquí  reproduzo algunhas delas:
  • saíndo o patio, cruzámonos cos pequenos de 3 anos e os seus tutores dinlles unha frase que logo os nenos comentan sorprendidos cuchicheando  entre eles: "aaaala, dixeron apartade que veñen os maiores... e somos nós"
  • falando de algo que fixemos o curso pasado, un dos nenos dime "en los viejos tiempos ... cuando eramos pequeños"
  • e outra máis, cando estabamos sentados na alfombra escoitando de novo unha canción que lles gustaba moito (la brujita tapita) : "Aaaah.... cuantos recuerdos!"

domingo, 29 de setembro de 2013

ARTE E ARTISTAS...


   Aquí estamos de novo cos pequenos artistas creando as súas obras. En case todas elas vese xa unha intencionalidade, un desexo de representar algo do noso entorno ou saído da imaxinación. Antes, a maioría deles non intentaba representar nada, como moito experimentaban coas cores, as texturas e os trazos... e logo intentaban darlle un sentido e buscabanlle unha explicación o resultado. Agora pensan antes, vese un proceso de reflexión e mentras pintan van contando o que están a facer. E decir: intentan representar algo, por tanto estamos xa un paso máis adiante  no proceso creativo. Por certo: fíxolles moita gracia que lles chamara "artistas" e botaronse a rir. Entre os adultos sempre houbo diferencias á hora de chamarlles artistas e decir si o que fan os pequenos é arte ou non, pero eu  penso que o é cando os pequenos están tan inmersos nun proceso creativo e artístico coma os adultos: depende da intención de transmitir algo e das ganas que lle poñan. E  eso pódese ver nas caras de concentración que poñen cando pintan... 
      Outra cousa: cando empezan a pintar quedan tan concentrados na pintura que nin falan... que xa é dificil. 



mércores, 11 de setembro de 2013

PRIMEIRO DÍA NA MAÍA

   
     Ola, xa estamos aquí de novo, o primeiro día dun novo curso. A volta das vacacións: agora somos maiores, a clase de 4 anos: 5º C. Estaban os emocionados por volver, os que non durmiron, os que aínda non acabaran de espertar de todo, os que se puxeron nerviosos no último momento, os novos e os de sempre, cariñas novas (Kevin e Sergio) e cariñas coñecidas... Tamén faltaban algunhas caras xa que marcharon lonxe: Manuel, Isaac e Oli. E falamos das novedades...
     Despois dos primeiros saúdos e apertas, todos tiñan algo que contar, bicos que repartir e apertas que dar. Un momento moi bonito foi cando, xa na clase e sentados no rincón da reunión, mentras todos intentaban contar o que fixeran no verán, unha nena levantouse, doume un bico e  díxome: sabes unha cousa Loli?, boteite moito de menos!. Eu tamén: a todos! Aparte da experiencia de ensinar, este traballo ten cousas así de bonitas...
   
    Coas cousas do primeiro día só saquei catro fotos e de medio lado: se tedes fotos que queirades compartir enviádemas ao correo da clase. Gracias!