UNDER THE SEA é un espectáculo da compañia Face to Face realizado por nativos de inglés. En esta actuación era unha serea (mermaid) que vivía no fondo do mar e que lles cantou entre outras as cancións de "Head, shoulders, knees and toes", "under the sea"... onde ían aparecendo distintos animais acuáticos: lobsters, crabs, sharks, starfish.... algúns dos cales levamos preparados como marionetas de pao. Da serea encantoulles o brillo da súa vestimenta... aínda que a un escoitaselle "é un disfraz!". Coa axuda de Sam, o cabaliño de mar, pediulles a participación ós nenos como axudantes aos que revisteu de músicos, peixes e tiburóns.... e algún "saltou" directamente o escenario.
Tamén tiñan que levantarse, bailar e cantar e todo en inglés. Nun momento recurreu á axuda da Raiña María para conseguir unhas pernas para correr, camiñar e saltar e fixo que todos coreasen a toda voz "I want legs, I want legs!".
Foi moi divertido e pasárono moi ben.
Despois do contacontos, despedímonos da serea e voltamos a clase onde dibuxamos fondos mariños nos que puxemos sereas, peixes, polbos, cabaliños de mar e outras especies que decoramos cunhas "pedras preciosas" que nos regalou Sole a mamá de Clara e coas que estaban fascinados!. Servíronnos para facerlle escamas aos peixes, xoias as sereas e para decorar os fondos.
 |
| os fondos mariños |