sábado, 4 de abril de 2020

GRACIAS!!!

  Hoxe comezan para os pequenos as "vacacións" de Semana Santa, con notas e todo (ver aviso na web) e moitos seguimos confinados para ver si conseguimos ralentizar esto. Pero son moitos  os que teñen/tedes que saír para manter a saúde, a seguridade, a alimentación de todos... A sanitarios, forzas de seguridade, empregados de banca, dos supermercados, traballadores do campo... e todos os que nos coidades sempre, pero máis nestes días, con risco para vós e as vosas familias, facendo turnos dobles, a veces con medios precarios... e que cando volvedes a casa tedes un confinamento dentro de outro, pois transmitirvos un GRACIAS, ÁNIMO E COIDÁDEVOS MOITO PARA PODER SEGUIR COIDANDO DE TODOS. 💓


Esta foto mandouma Fany, a mamá de Xián. ÁNIMO E GRACIAS !

venres, 3 de abril de 2020

Brotes, abecedario e mensaxes positivas de Iago!

  Iago estivo superocupado coas propostas!. Aquí está coa avóa preparando garbanzos, lentellas e fabas para observar como xermolaban e medraban. E mamá documentoulle todo o proceso. Polo ben que están medrando, vese que as coidou moi ben. Todo un éxito!

  Aquí está traballando con outra das propostas: a de levar un rexistro, observando, dibuxando e documentando o tempo que fai:
 Tamén tivo tempo para traballar coas letras e facer un abecedario con diferentes materiais, papeis de cor, botóns... e despois fixo con el imáns para a neveira.
Coloreou o arco da vella para poñer na fiestra "como mensaxe positiva e sae tódolos días ás 8 o balcón a aplaudir por toda a xente que está traballando, en especial os sanitarios".

 E aínda lle quedou tempo para xogar cos seus animais  e co can do avó!!!.

 Ver como os pequenos, co apoio das familias, están levando o confinamento, atarefados e ilusionados co importante, fai medrar en nós a esperanza de que todo vai saír ben!!!
 

Escribindo listas da compra!

 Jhon E estivo practicando a escritura. Fixo unha lista da compra numerada. Unha das mellores maneiras de darlle sentido á escritura é verlle a utilidade práctica. Moi ben! 
 

xoves, 2 de abril de 2020

 Abril e súa irmán Vera comparten con nós as fotos do "estudio das árbores",  un proxecto que fixeron con súa nai. Vese que se fixaron moito nos distintos tipos de árbores!. Así de orgullosa está Abril do resultado!
 Creando coa plastilina e pintando con moito detalle uns escarabellos,  que son a especialidade de seus pais. Neste caso son unhas xoaniñas moi coloridas.
  Xogando con Vera coas Lotties baixo a mesa da cociña, que según súa nai é un dos seus  entretementos favoritos estos días. Desenvolvendo a imaxinación e creando historias!. Abril ten a Lottie activista e Vera a Lottie astronauta porque lle gusta moito todo o relacionado co espacio. E tamén fixeron un circuito vial moi detallado, dibuxando edificios  e  recortando sinais de tráfico.

 E ademáis unha clase con seu pai sobre distintos alfabetos e facendo as tarefas XUNTOS, que é o máis importante durante estos días de confinamento.


Traballando e cociñando!

  Olivia tamén leva as súas rutinas de traballo na casa, aquí está con súa irmá maior Claudia!. E equipada para axudar na cociña!. Queremos ver a receta escrita cos ingredientes numerados, non te esquezas de mandarnos unha foto!😉


Telmo: veterinario en prácticas!

  A semana pasada a Telmo naceronlle sete canciños preciosos e xa lles puxo nome:  Perla, Estrella, Calcetines, Morena... Que sorte disfrutar  de eses momentos!. Imaxino como de contento estará o noso pequeno "veterinario en prácticas". Para que os vexamos, Telmo e a súa irmá Elsa, compartiron con nós esta foto.

 Agora voulle poñer unha tarefa especial: facer un listado numerado e mandárnolo para coñecer o nome do resto dos cadeliños!. Por suposto o nome da nai, o que comen... e tamén un debuxo, sobre todo de Calcetines!. 😉 Queremos saber máis!

Xogando e axudando na casa!

Catarina tomou en serio o de colaborar na casa e aquí está quitando o polvo dos mobles...

  facendo debuxos cunhas plantillas...
e competindo con Alicia nos xogos!

mércores, 1 de abril de 2020

Sementando... e un chisco de todo!

  Martín esta vez  fixo unha plantación: perexil, manzanilla, anís... Xa nos contará máis adiante como lle vai. Agora terá que observar e levar o rexistro do proceso.

 Tamén preparou masa   para empanada con seu pai, practicou coa batería...
... construeu  un robot impresionante reciclando caixas e tapóns!
... e  despois de todo eso fixo moito exercicio!

 




martes, 31 de marzo de 2020

Cumpreanos durante o confinamento.

  En estos días de confinamento pasan moitas cousas que son moi importantes para os nenos, por exemplo algúns teñen que celebrar o seu cumpleanos na casa e sin convidar aos amigos, sin que estos lles canten o cumpleanos feliz e sobre todo sin velos. Esta vez tocoulle a Catarina que cumpleu 5 anos e á súa irmá Alicia que cumpleu 8. Celebrárono na casa, acordáronse dos seus amigos e puxéronse de festa, porque un día é un día. Parabéns ás dúas!!!

 
  Todo eso sin deixar  de facer algunha das tarefas que propuxemos. Como este rexistro das cousas que facemos no día. Moi ben Catarina! 
 
   Como non podemos cantarlle en persoa, poño este enlace de Uxía Lambona e a banda molona que estiveron o curso pasado no cole e nos fixeron pasar un moi bo rato!
 

Quebracabezas de 100 pezas... e un pan!

  Lia mandounos unhas fotos amasando pan con seu pai, a primeira vez para os dous e con Jan axudando ... e picando na masa. Señal que estaba boa!

  Tamén  consigueu rematar un quebracabezas de 100 pezas!. E así de orgullosa está!. Non é para menos, un auténtico exercicio de paciencia nestas idades.  Noraboa  Lia!




Recetas e xogos con Jhon E.

  Jhon E. sigue compartindo con nos as cousas que fai durante o confinamento. Esta vez sigue coas propostas das recetas e mándanos os ingredientes para facer pizza
 
 Xogando ao memoy e á forza do dragón con seu pai: concentración, memoria, estratexia e diversión!
  E mándanos estos videos de percusión  e dunha carreira de cabalos... de papel!
  
   

                                    

luns, 30 de marzo de 2020

Rexistro científico do cultivo do aguacate

  Onte Maeba quixo compartir con nós como lle vai co "CULTIVO" DO AGUACATE Unha semente que esixe de nós unha cousa que precisamos moito nestes momentos: PACIENCIA. Tamén é unha semente digamos rara. Si a pós a xermolar nun vasiño pode tardar moito en abrirse, pero si a tiras sin coidado ningún na terra, seguro que pronto terás unha arbore de aguacates. Digamos que é una semente un chisco desagradecida: canto máis a coidas peor lle vai. Esperemos que a de Maeba medre ben!. Gael tamén está "axudando"!. Trátase tamén de coidar un ser vivo  e darlles unha responsabilidade aos nenos. E só precisamos algunhas fabas, lentellas, sementes de mazás...


 PROPOSTA DE EXPERIENCIAS: 
  Unha actividade que se pode facer cos nenos cando sementamos algo, é unha ficha onde rexistremos o proceso. A base da ciencia está na experimentación, a observación e o rexistro. Podemos escribir o seu nome,  debuxar a semente, anotar cando a plantamos, cando agroma, canto vai medindo.... Como non todos teredes impresora, podese facer o rexistro a man, ou usar unha folla do calendario. Tamén a vou subir na web e na plataforma Agueiro.