martes, 16 de xuño de 2020

O barco de Abril

 Coa cercanía do verán os nenos xa están pensando na praia e Abril mandoume este dibuxo dun barco no que estamos as dúas. Certamente ademáis dun bonito dibuxo, a mín pareceume unha metáfora da viaxe que todos imos emprender a partir de agora. Unha viaxe por un xeito algo diferente de "normalidade". Nesta viaxe atoparemos xeitos novos de estar nas clases, imprevistos, dificultades que teremos que aprender a superar xuntos para aprender, para convivir e sobre todo para seguir disfrutando da escola e sempre pensando na seguridade dos nenos e de todos os que formamos, agora máis que nunca, a comunidade educativa. 


sábado, 13 de xuño de 2020

Olivia

Un saúdo para Olivia. Mandounos estas fotos. Parece que o está pasando moi ben!.



xoves, 11 de xuño de 2020

Un alfabeto creativo, as horas, a casiña dun gato e máis cousas con Martín

Martín estivo traballando coa proposta dos alfabetos creativos e con pezas de todo tipo, cores, tapas, xoguetes, ferramentas... que tiña pola casa, fixo este, que lle quedou así de fantástico!.

 Tamén fixo o  reloxo de cartón e está practicando nel: agora xa sabe as  horas  en punto, e cuarto e as e media!. Moi ben.
Fixolle unha casiña ao gatiño Misi con que quedaron cando recolleron as crías dunha gatiña abandonada. Que sorte tiveron Martín e Misi de atoparse!. Reciclou o robot dunha das propostas anteriores así que "reciclaron o reciclado" e, con unhas ventanas e unha porta, convertírono nesta acolledora e futurista casiña. Pensaban que tería medo, pero debeulle gustar porque pasa moito tempo nela..
Tamén nos mandou fotos do calendario de maio e do rexistro do tempo contabilizando ao final cantos días fixo sol ou choveu...
Cóntame Verónica que siguen repasando a árbore xenealóxica escribindo el os nomes; e repasandoos para recordalos, e engadindo ademáis os lugares de nacemento de cada un... 

   E tamén estivo facendo o experimentos coas densidades dos líquidos. Empregou auga, aceite, colorante e unha pastilla efervescente. O resultado é espectacular!

A horta e os traballos de Jhon E.

Jhon E. estivo regando as fabas que transplantou na casa dos avós. Mandounos este precioso video. Todo un agricultor!!!
Estivo traballando a conciencia fonolóxica completando as letras que faltaban nalgunhas palabras, tamen estivo coa direccionalidade esquerda e dereita e facendo contas.


mércores, 10 de xuño de 2020

O alfabeto de Iago e unha árbore familiar frondosa

   Iago estivo traballando co alfabeto, levoulle moito tempo facelo, empregaron todo tipo de  materiais para facer as letras: papel de aluminio, de periódico, papel hixiénico, papel con purpurina, gomets…
Tamén  pastas, noces, lentellas, arroz; outras letras levan recortes de telas, restos de lazos, lá, fieltro, estropallo, algodón, botóns, pompóns, tapóns das botellas, plastilina, purpurina... 
   Despois colocáronlle un fondo de cartón e  imáns e quedou decorando o lateral da neveira onde pode revisalas cada vez que pasa!.
 Un traballo intensivo con un resultado espectacular. 

  Tamén estiveron traballando moito coa súa árbore familiar: recopilaron fotos e Nuria cóntame que Iago participou activamente recortando, pegando e pintando. Foi un "traballo en familia". Ensináronlle as fotos dos seis bisavós que non coñeceu, pero ten a sorte de coñecer e ter bastante relación cos outros dous que viven en Sarria,  de onde é case toda a súa familia.

 

martes, 9 de xuño de 2020

Os maios de 4 anos

  Durante o mes de maio estivestes enviando algúns maios, con flores e con cantigas e con todos os que me chegaron fixen esta montaxe. Eu tamén traballei no meu, coa axuda da miña sobriña de 3 anos, que carrexou follas de cores e fixo e desfixo conmigo😉. Tamén o pasamos moi ben e todos quedaron moi bonitos!.💓 
 
  

Cousas que nos fan felices, con Marta e Carla

  Carla e Marta mandáronnos uns dibuxos sobre o libro que aparecía na súa última entrada: "QUÉ NOS HACE FELICES?" de Marie-Agnès Gaudrat onde nos contan algunhas cousas que realmente nos poden facer felices.     
 
 Un libro para pensar nas cousas sinxelas que nos poden facer felices!


luns, 8 de xuño de 2020

O alfabeto de area de Lara

Lara enviounos esta foto disfrutando na praia. Co que lles gusta a auga e a area aos nenos!. Ademáis de pasalo ben, traballou facendo este alfabeto de area e o seu nome con cunchas!. Precioso!
  En estos momentos a mellor pizarra do mundo!. 
  A disfrutala!


O alfabeto de botóns de Jhon E.

 Jhon E. mandanos estas fotos do alfabeto que fixo con centos de botóns que ten na casa da avóa, que me conta Lía que leva toda a vida xuntando. As avóas son fantásticas!. Teñen recursos para todo! Os botóns están xenial para moitísimas actividades en infantil: para contar, para facer cadros tipo mosaico.... con deixalos inventar a eles, seguro que lles salen moitísimas cousas!. Este tipo de material aberto é ideal porque lles permíte desenvolver a súa creatividade libremente.




domingo, 7 de xuño de 2020

O nome de Maeba e un conto sobre a espera!

 Maeba fixo a seu nome decorando cada letra de xeito diferente con plastilina, arroz, goma eva, pasta... e quedoulle así de bonito!
  
  Tamén nos recomenda este precioso libro de 1991, ¡ÁBRETE, HUEVO, ÁBRETE! que a súa nai coñeceu por unha compañeira de traballo e que buscou por moitos sitios xa que está descatalogado. Mandáronllo desde Tenerife!. É un conto sobre a espera, dunha galiña que non sabe qué facer cando pon un ovo... Maeba xa o escoitou desde a barriga de mamá!. Seguro que por eso lle gusta tanto!. 

Maeba veu a curta "Cuerdas"

Maeba estivo cunha das propostas sobre valores, ver a curtametraxe "CUERDAS" de Pedro Solís García. Foi a gañadora do Goya 2014  na categoría de mellor curtametraxe de animación española. Si a vedes entedes o porqué!. Sandra contoume que lles pareceu "moi emotiva" e que a Maeba lle encantou esta curta chea de sensibilidade


Fixo unha marioneta:  a man de María coa pulseira/corda que deixou o neno na cadeira. A boneca é Tarta de fresa, pero ela cambioulle a roupa e xoga a ser María,  unha nena que axuda a todos/as os seus compañeiros/as, e que de maior se fixo profe. Así é como xoga con outros muñecos. 
 
 Esta é "Cuerdas":
 

A torre de Jhon E.

 Jhon E. tamén se animou a facer o reto da torre. Empregou moitas caixas de xoguetes de diferentes tamaños e quedoulle unha supertorre máis grande que el. Reto superado!