Unha nova montaxe "máis de medo" coas fotos das cabazas que fixestes na casa para a exposición fotográfica no cole. Incluín tamén as fotos que me enviastes do proceso e algunha máis. Gracias a todos por colaborar nesta actividade!
Páginas
sábado, 14 de novembro de 2020
Un Samaín de medo
xoves, 12 de novembro de 2020
Pintando hortensias secas
Cando imos ao patio sempre pasamos por unha zona onde vemos unha mata de hortensias. No seu momento son azuis e rosas, pero co tempo van secando, virando de cor e poñendose o que lle chaman "aviñadas". Esa mestura outonal foi o que intentamos reproducir na clase pintando coa punta dos dedos. Por suposto sempre hai a quén non lle chega a punta do dedo, emocionase e vai pasando do índice á palma da man enteira... Para o fondo escollemos a cor rosa e pedíronme algo de purpurina. Colgámolas nas ventanas da clase e ao trasluz o efecto do conxunto é moi bonito (aínda que nas fotos non se aprecia ben).
sábado, 7 de novembro de 2020
Exposición fotográfica das cabazas do Samaín
Este ano polo coronavirus non pudemos facer a exposición das cabazas para o Samaín, pero fixose unha recopilación fotográfica de todas as que nos enviaron ao correo. Impriminas e puxémolas polos corredores. Nesta montaxe están as da nosa clase:
morcegos, casas-cabazas, catrinas, pantasmas, minies, extraterrestres, monstros,
dinosauros, vampiros, cabazas con máscarillas preocupadas polo planeta e
ata unha cabaza coronavirus!. Tamén vemos algunhas de disfraces, cos irmáns e durante o proceso .
xoves, 5 de novembro de 2020
Día de setas e sementes.
Fai uns días, no mes de outubro, demos un paseo polo patio de 3 anos.
Ibamos ver como estaban as follas caídas no outono das árbores que vemos pola ventana da clase. Como leva sin ser
pisado desde antes do confinamento, levamos unha sorpresa: ademáis das
preciosas follas do liquidambar e do carballo americano, pudemos observar que estaba cheo cheo de
plantiñas nacidas no medio da area, estrado das mazas bravas da maceira... (a natureza abríndose paso coma en parque xurásico jeje *) e sobre todo con
moitas setas de todo tipo, que tivemos bo coidado de non tocar, porque algunhas tiñan pinta de
non ser das boas. Eso si, follas e sementes do arce común collemos unhas
cuantas que levaron para casa. Foi unha clase de coñecemento ao aire libre!. E moito botamos de menos ese patio 😔
(* o que fai non ter 3 clases cheas de nenos pisando cada día no recreo 😇)
mércores, 4 de novembro de 2020
Plantando bulbos no outono
No mes de outubro pedímoslles aos nenos que nos trouxeran tazas que tivesen pola casa e nelas plantamos bulbos de xacintos. As tazas fixeron de macetas. Nun barreño mesturamos a terra con area para que fose máis esponxosa e botamos moi pouca auga... Agora toca esperar!. Están impacientes para ver a quén lle agroma antes. E apenas 15 días despois xa asomou o primeiro!
Pintando con só dúas cores
A premisa era pintar cunha sóa cor e engadir despois algún detalle en negro. Poderíamos crear algo coa misma expresividade que empregando todas as cores e compartindo os botes de pintura e pinceles coma facíamos sempre? Visto o que fixeron a maioría, parece que a cantidade de material non é o único que precisamos para ser creativos...
domingo, 1 de novembro de 2020
Un longo bosque de tiras...
Ao día seguinte da saída a Castrigo fixemos esta actividade. Tiñan que rachar cos dedos tiras estreitas de cartulina para facer troncos e polas de árbores, altos, baixos, delgados ou grosos... Despois había que pegalos e pintar o fondo. Mentras rachaban as tiras ibamos falando dos diferentes troncos que coñecíamos. Traballaron a destreza motriz e aínda que primeiro pensaron que era bastante doado, comprobaron que rachar tiras dunha medida determinada era máis complicado do que pensaban... Pouco a pouco conseguimos un longo bosque que cubría todo o ventanal da clase.
sábado, 31 de outubro de 2020
Xogando coas letras
Xogamos coas letras: fixemos carteis coas letras do abecedario e repartímosllas aos nenos e nenas. Despois, como se fósemos unha imprenta humana, compuxemos palabras. Fomos facendo preguntas e traballamos a conciencia fonolóxica.: Cal é a primeira letra de...? Qué pasa si cambio esta letra e poño esta outra no seu lugar? E si as cambio de sitio?. Tamén se diron conta que había cinco nenos que non paraban de salir... e outros en cambio tiñan que esperar máis.
Visitando o muiño-lavadoiro da Aldea de Castrigo
Este curso imos precisar facer moitas máis sesións ao aire libre. Unha delas xa é habitual ao longo de moitos anos: a visita á Aldea de Castrigo e a súa zona de muiño e lavadoiro. Unha zona que nos mostra as actividades realizadas durante xeracións, os modos de vida dos antergos... Ademáis está a carón do colexio e disfrutamos dun fermoso paseo entre camiños, leiras e monte observando os cambios estacionais...
Outro clásico deste paseo que tanto disfrutan é a recollida de canta landra, pao, pedriña e folla atopan.... Cando volvimos estaban felices cos petos cheos!. (E pronto teremos unha sorpresa relacionada con esta zona!!!)
e seguimos aquí!
Despois dos primeiros días veñen outros nos que xa nos fomos acostumando (máis ou menos e case todos) ao novo sistema de traballo, novos xeitos de actuar, coidado dos materiais, outra forma de xogar...
Aínda así botamos moito de menos andar libremente polos recantos que tíñamos, utilizar os materiais comúns e sobre todo COMPARTIR!
xoves, 29 de outubro de 2020
Os primeiros días...
Unha das primeiras cousas que tivemos que modificar foi o de compartir, despois de dous cursos aprendendo a facelo... Nesta montaxe de video vedes as zonas e o material de uso individual. Esto é o que máis lles costa, acostumados a facelo todo en grupo. Tamén a restricción de movemento que antes podían facer libremente polos distintos recantos...
Eso sí: disfrutando de xogar e falar a carón dos compañeiros!
domingo, 25 de outubro de 2020
Inicio do curso: apapachando!
Seique o momento máis difícil antes de comezar é sempre o primeiro paso... (por eso ata hoxe non daba arrancado a publicar nada)

Despois do confinamento volvimos ás clases para "desmontalas", retirar todo, recoller materiais e deixalas preparadas para unha desinfección xeral... (co que nos costou organizar cada recanto😭...)
Así que, mentras tanto e para todos:











