Fixemos unha nova saída cos nenos polo monte cercano ao cole. Unha
clase de coñecemento no medio da natureza: vimos insectos, plantas,
cogumelos, liques, paos, landras, piñas... e intentamos localizar paxaros
observando e escoitando. Foi a actividade máis dificil: intentar gardar silencio e concentrarnos para escoitar o son das follas movidas polo aire e os paxaros... E coma sempre queríamos traelo todo!.
Tamén sairon os nenos de outro grupo de 5 anos. E nós íbamos de guías...
A nosa aportación para oCertamen de relatos e debuxos de medo convocado no cole foi este mural. Xa o pudestes ver no blog da Biblioteca xunto cos das outras clases. (Non o puxen antes ata ver a resolución do certamen) Aquí están os nenos e nenas planificando e creando o noso mural
de medo para o Samaín... que outros chaman Halloween.
Máis que planificar, foi xurdindo coas aportacións de todos. Uns máis e outros menos, según lles iban xurdindo ideas: que si poñemos morcegos diante da lúa, que si poñemos sangre, pero que brille (puxémoslle barníz), que os fantasmas non destacan (marcaron as siluetas con rotus plateados)...
O tema acabou sendo "unha montaña sangrienta" que tiña casas de medo, tumbas,
e todos os personaxes que nos asustan: zombies, fantasmas, momias, vampiros, morcegos e cabazas terroríficas para enmarcar o mural... Hasta puxeron unha cuna (xa non lembro si era para o bebé da familia de vampiros ou dos fantasmas jeje). E como, casi rematado, nos
quedaba moi blanca a cor do fondo, buscamos en internet outra mestura
que provocara máis medo...
Fai uns días demos un paseo polo souto do Sr Manuel e cando estábamos recollendo follas de castiñeiro para as imprimacións, Juan, Lia e Xián comezaron a berrar: "un pulpo, Loli, un pulpo!". Seique ás veces andamos algo despistados... pero non tanto jeje. Así que fomos ver o que atoparan os nenos nunha esquina baixo un dos castiñeros. E vaia si o seu achádego parecía un pulpo: vermello e con pintas negras. Unha cousa ben rara "entre pulpo... e o alien da película!".
Nunca vira cousa parecida e sin non chega ser polo seu pe,
non diría que era un tipo de seta. Busquei en setas de Galicia e nada,
en setas de España e tampouco, así que pedín axuda aos compañeiros e conseguimos identificala como unha seta pulpo. Non andaban descamiñados cando a atoparon!. Resulta que é orixinaria de Tasmania
e chegou a Europa cunha partida de barriles na Primeira Guerra mundial.
Veu do outro lado do mundo!. Si que viaxou!. É moi rara de ver, seique non é tóxica, pero
cheira mal e ten un sabor moi desagradable. Non sei quen pudo comprobar
esto último véndolle a pinta, pero bueno... sempre hai un que proba de
todo, polo menos unha vez. E xa sabemos dúas cousas de Tasmania!
Despois do paseo escribimos un texto e dibuxamos as setas pulpo. Foi todo un descubrimento!
Un dos días que saímos ao souto do Sr Manuel a carón do cole, recollimos follas secas dos castiñeiros e na clase fixemos impresión coas ceras. Despois, a partir das manchas de cores que nos quedaron, deixamos que traballase a nosa imaxinación e foron aparecendo todo tipo de criaturas: animais grandes, insectos, nenos...
Saímos cos nenos dar un paseo polo monte de Castrigo cerca do cole. Unha
clase ao aire libre no que observamos o estado das follas dos carballos
e dos piñeiros no outono. Atoparon de todo: piñas, landras, fungos,
paos, silvas, arañas, opilións...algunha flor despistada que nos chamou moito a
atención polo solitaria. Tamén vimos xestas que antiguamente se
empregaban como escobas nas casas da aldea.
E o que máis nos gustou foi
cando atopamos os "peidos de lobo", uns fungos enormes que parecen bolas e
logo estrelas reventadas e cheas de esporas...
Aínda
que parece que estamos moi lonxe ese é o montiño a carón da carretera
de Castrigo. Un anaco pequeno pero onde se viron inmersos no medio da
Natureza... Cando volvimos a clase dibuxamolo todo. Algún fixo unhas silvas espectaculares. Pasámolo moi ben!
Moitas veces facemos grafismos dándolle unha volta "práctica".
Traballamos a grafomotricidade decorando as nosas tazas con todo tipo de
deseños que se lles ocurriron. Con estos trazos traballamos a orientación, a planificación, organización e a capacidad de atención. Cada un fixo o que máis lle gustaba. Antes fixemos algúns na PDI.Como Xián insistía que el quería facer dinosauros (como non!) e algunhas tamén querían facer corazóns e flores... e os outros lles decían que eso non era, fixemos unha "negociación" e chegamos a un "acordo" que todos tiñan que cumplir: tres tazas serían con grafismos e a outra sería de deseño libre.... E así nos quedaron algunhas delas:
Teño que decir que facendo esta montaxe botei de menos as conversas con tempo e sin distanciamento arredor das tazas das cafeterías... espero que cando todo volva á normalidade podamos celebralo xuntos!. ÁNIMO!!!
Coma nos anos anteriores falamos dos productos de outono... e do millo. Telmo, que é un entusiasta do tema volveunos comentar que os avós e os veciños tiñan moito millo. Así que lle pedín a seu pai se nos podía conseguir un par de espigas de millo. Xa vedes a manchea que nos trouxeron: unhas preciosas espigas de millo de cores que temos na clase (aínda que non podemos tocalo e pasalo ou debullalo coma antes... ). Despois dibuxamos as nosas espigas de cor.
Falamos das tarefas que se precisan para ter boas plantas de millo. Telmo foi o encargado de explicarlles aos compañeiros como se cultiva, que maquinaria se emprega e moitas cousas máis, como que cando se garda o millo é convinte quitarlle os pelos ás espigas para que os ratos non fagan as súas casas con el. Como algunhas espigas traían as follas contounos que era para atalo e colgalo. Falamos dos moitos usos do millo: como alimento para as persoas e os animais, (pienso, fariña, palomitas, gusanitos...), antiguamente para facer xoguetes cos carozos (bonecas, lembrou Lia ), colchóns coas follas, e incluso bolsas biodegradables. Vimos o conto de "la gallinita sabia" de Disney que explica moi ben todo o proceso de cultivo e cantamos a canción de "Pan de millo", do grupo Migallas.
Tamén falamos dos muiños como o de Castrigo que fomos ver e de como funcionan. E vimos un documental do museo dos muiños de Taramundi.
Como falamos do "DÍA DO MILLO", así con maiúsculas, Telmo pensaba que era pouco menos que unha festa institucionalizada máis. Na nosa clase xa o é!. Unha idea fantástica para propoñerlle a quen corresponda!. De feito hai aldeas que lembran estos traballos, por exemplo en Meiro, Bueu, teñen a Festa do millo corvo (casi negro) que está declarada de Festa de Interés turístico de Galicia. Seguro que son máis!. Ou deberían!.
Fai un par de semanas saímos observar as follas caídas no patio, e atopamos unhas
impresionantes setas de cor vermello e pintas blancas. Son amanitas!. Son moi doadas de identificar e aprendimos que
son tóxicas e non debemos tocalas!. De feito, en canto as vimos mandeilles meter as máns nos petos para observalas con coidado. Quedoulles moi claro que aínda que sexan tan fermosas non se deben tocar, pero tampouco romper ou pisar, porque debemos ser respetuosos coa Natureza.
Despois, na clase
debuxámolas e escribimos o seu nome. E, non hai como ver unha cousa en directo, senón mirade que detalle teñen os debuxos, que hasta lles dibuxaron os anacos que comeu algún bicho... Chegaron a ser tan grandes que as
podíamos ver desde a nosa ventana e seguir o seu crecemento. Volvín despois para sacarlles máis fotos cando o sombreiro abreu de todo.
Durante algunhas sesións de recreos repartimos tizas brancas e de cor
aos nenos. De seguida se soltaron a dibuxar, a facer retratos, formas xeométricas, espirais, escribir os seus nomes e os dos amigos, a facer
mariolas, números... O chan e as gradas serviron de improvisada pizarra
"dixital" e ademáis pasárono xenial!
Unha nova montaxe "máis de medo" coas fotos das cabazas que fixestes na casa para a exposición fotográfica no cole. Incluín tamén as fotos que me enviastes do proceso e algunha máis. Gracias a todos por colaborar nesta actividade!