Para apreciar os cambios que se producen nas árbores no outono o mellor é saír e tocar, pisar, coller e xogar coas follas caídas. Así que aproveitamos o bo tempo e que tíñamos apoio na clase e fomos dar unha volta polo entorno. Usamos a saída de emerxencia e achegámonos o instituto, onde teñen uns preciosos liriodendros que chaman a atención polo colorido e a forma que teñen as súas follas.
Cando demos chegado (levounos un tempo... ), recibimos os saúdos dos rapaces do instituto desde as ventás e despois observamos as cores das follas, xogamos con elas, e recollemos unhas cuantas para levar a clase e outras para mamá... e papá... e algún irmán..... E demos volta... Cousa que tamén nos levou "un ratiño" porque os rapaces miraban cada pedra, cada folla e todo canto atopábamos... e costáballes manter a fila. Como o obxectivo desta actividade era que "observasen"... pois non deixaron nada sin observar...
Despois, escoitamos un anaquiño das catro estacións de Vivaldi (o outono) e tamén unha canción sobre as cores do outono. Clicade nos enlaces para ver o que escoitamos na clase.
Neste kizoa podedes ver as fotos da saída:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!