Durante a hora da merenda empregamos palliñas de xeito habitual para tomar os bebibles e que non se emborquen pola mesa. Un día falamos de outros usos para as palliñas e un deles foi o de facer pompas de xabrón. Para ver si se acordaban (como así foi con algúns dos nenos) escribín unha nota na pantaia e o día seguínte pregunteilles para qué era esa nota. Entón preparamos o líquido con xabrón de fregar e boteilles un chisco en vasiños de plástico.
Como se trataba de
que soplasen e non tragasen, antes falamos dun personaxe moi coñecido
por eles, o lobo dos tres porquiños e, coma el, SOPLAMOS E SOPLAMOS...
Despois de ter claras as normas e esperar a que todos estivesen
preparados (cousa que nos costou bastante...) puxémonos man a obra coas
pompas. Pasámolo moi ben e conseguimos moitas pompas. E cando
rematamos algúns quixeron axudar a secar e limpar a clase, aínda que
descubriron que as fregonas son demasiado grandes para eles...
Neste Kizoa podedes ver o ben que o pasamos!
Loli, non podo ver este kinzoa...poderías subilo noutro formato? Por certo, moitas grazas por tanto esforzo e dedicación ��
ResponderEliminarAgora subín o video desde youtube. Espero que se poida ver así.
Eliminarun saúdo e grazas.
Loli
Que ven o pasaron,como disfrutaron...
ResponderEliminar