Xa estamos aquí de novo: un novo curso, novos nenos e nenas e moitos máis cambios. Esperamos desde aquí compartir con vos o noso día a día.
Como sempre, os primeiros días nunha clase de 3 anos con 25 nenos (moitos deles con aínda 2 anos) que veñen das vacacións, de estar a maior parte do seu día coas familias e algúns que non pasaron pola gardería.... pois eso... imaxinade: se víades como entraban, o que foi cando os xuntamos a todos durante 5 horas seguidas... nun espazo limitado cheo de descoñecidos para eles... Cando van chegando as 2 moitos deles xa caen de sono e esgotamento.
Ao longo destes días: aprendimos algunhas das rutinas da clase, os nomes dos compañeiros e das profes, a dibuxar na PDI...
A camiñar en fila , ou polo menos intentámolo... comezábamos cunha fila e de pronto tiñamos tres!. Aprendimos que, cando chegamos, temos que deixar todo no percheiro e despois entrar na clase e colocar a nosa foto na casilla correspondente.
Un día ata conseguimos chegar á hortiña do cole e alí vimos laranxas verdes, millo, fresas e berenxenas que plantaran os maiores de 5 anos do curso pasado...
Volveremos!
Aprendemos a desprazarnos polos espazos deste centro... Aquí imos camiño do parque de area...
No parque xogaremos mentras o tempo nolo permita...
Aquí estamos na sala de psicomotricidade. (Precisaremos os calcetíns antideslizantes para as sesións que teremos o luns e o mércores).
e xa pintamos algunha vez...
Estas son algunhas das actividades que estamos facendo polo de agora, ademáis de intentar coñecernos e respetarnos. Xa vos irei contando máis cousas que vaiamos facendo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!