Agora que
comezamos cunha nova promoción de tres anos lembro o título deste libro de Robert
Fulghum, que mantén a teoría de que na educación infantil (e na primeira
infancia) adquirimos os coñecementos básicos que nos van a permitir
ser adultos "con éxito". Cando dicimos "éxito", queremos
dicir a vida feliz dunha persoa equilibrada con principios e valores dignos.Estes alumnos están aprendendo destrezas e conceptos básicos para a súa vida e que os preparan para o futuro.
O texto ocorréuselle a este
pensador e escritor americano cando nunha gasolineira ao seu vello coche púxolle
gasolina súper de alto octanaxe e o coche non puido dixerila. Demasiada
información elevada!. Deuse conta entón de que a vida non é tan complicada, de
que a maior parte do que necesitaba saber para ter unha vida completa e feliz xa o
sabía.
Este é un
extracto dese libro que se leva editando en numerosos paises e diversos idiomas ao longo dos últimos 27 anos:
"Todo o
que hai que saber sobre como vivir e que facer e como debo ser aprendino na
escola infantil. A sabedoría non estaba na cima da montaña da universidade,
senón alí, no areeiro.
(arte xeométrica na area 6º EI curso 2014-15) |
(arte xeométrica na area 6º EI curso 2014-15) |
Estas son as cousas que aprendín:
Compárteo
todo.
Xoga limpo.
Non lle
pegues á xente.
Volve poñer as cousas onde as atopaches.
Limpa sempre
o que ensucies.
Non leves o
que non é teu.
Pide perdón
cando lastimes a alguén.
Lava as mans
antes de comer.
As galletas
quentes e o leite frío son boísimos.
Vive unha
vida equilibrada, aprende algo e pensa en algo e debuxa e pinta e canta e baila e xoga e
traballa cada día un pouco.
Dorme a
sesta todas as tardes.
Cando saias
ao mundo, ten coidado co tráfico, collete
das mans e non te afastes.
Permanece
atento ao marabilloso. Recorda a pequena semente no vaso: as raíces baixan, a
planta sobe e ninguén sabe realmente como nin por que, pero todos somos así.
Os peixes de
cores, os hámsters e os ratos brancos e ata a pequena semente do vaso, todos
morren. E nós tamén.
E entón
recorda unha das primeiras palabras que aprendiches, a máis grande de todas: MIRA!
Así que todo o que necesitas saber está aquí
en algures: o amor e a hixiene básica, a ecología e a política, a igualdade e a
vida sana.
Toma calquera destes ítems, tradúceo en
términos adultos sofisticados e aplícao á túa vida familiar ou ao teu traballo,
ao teu goberno ou ao teu mundo, e manterase verdadeiro, claro e firme.
Pensa canto mellor sería o mundo si todos -todo o mundo- tivésemos galletiñas
con leite cada tarde e despois una mantiña na que durmir a sesta.
Ou si todos os gobernos tivesen como política básica volver sempre a poñer as
cousas onde as atoparon e limpar o que ensuxaron.
E aínda é verdade, non importa cuán vellos
sexamos, que ao saír ao mundo é mellor tomarnos das mans e non afastarnos." (fin da cita)
Robert L.
Fulghum. “All I Really Need to
Know I Learned in Kindergarten. ”
Non anda falto de razón o Sr. Fulghum. Eso mesmo
cremos os mestres e mestras que traballamos nestas primeiras etapas. A quen
creemos que lle falta a razón é a quen aínda afirma que a educación
infantil de 0 a
3 é meramente asistencial ou que de 3 a 6 só somos una pre-paración para as seguintes etapas. Non
é así, somos a base sobre a que asentaremos a nosa vida, e ten que ser forte, sólida e estable poñendo as bases da personalidade para que aguante moitos anos e os embates da vida. Igual que primaria non é unha preparación para secundaria, nin esta para a universidade. Somos distintas fases dun mesmo proceso educativo e vital. Non somos pre-nada, senón unha etapa educativa con identidade propia. Así que imos poner mans á obra
para iniciarnos nesta fermosa etapa da educación na que se inician os vosos fillos.
(estos pequenos estaban "calculando" o tamaño dos graos de area para que pasasen polo burato e movesen a roda...) |
Paréceme marabilloso e moi certo ! !
ResponderEliminar