Dentro das visitas de animación á lectura Adela, a nai de Ainhoa, veunos ler o libro "Tito malabarista" (editorial Edelvives), escrito e ilustrado polo belga Guido van Genechten do que seguro coñecedes outros libros xa que ten publicados máis de 40.
Resumo do conto: Tito é o paiaso estrela do circo. Ao público gústanlle moito as súas
actuacións, pero un día sucede algo estraño: o seu nariz desaparece!.
Tito queda moi triste e comeza a buscalo pero non atopa o nariz redondo
que desexa. Pensa que
iso significará o seu final, pero o dono do circo anímao e faille ver
que ao público gústalle el, aínda que non teña nariz e finalmente
comprende que o público o quere igual.
Ademáis de ler o conto
Adela fixo maxia cun xogo de descubrimento de formas xeométricas. Non
imos desvelar a seu secreto! pero tivemos que aprendernos e recitar unha frase
máxica e tamén soplar nunha bolsa... E así todos acabamos conseguindo unha
máxica nariz de paiaso como a de Tito.
Foi moi divertido!
Cando todos conseguimos o nariz buscamos en internet un dibuxo de Tito para colorear. MOITAS GRAZAS A ADELA por traernos este conto e tamén UN CHISCO DE MAXIA PARA COMPARTIR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!