Os pais de Iago viñeron a clase a contarnos o conto de Hervé Tullet "Turlututú é un mago" da Editorial Kókinos e fixéronnos xogar seguindo os seus mandados. Un fantástico e colorido álbum ilustrado para os máis pequenos, dun autor que nos encanta e que xa nos ten afeitos
ao xogo co libro, onde é necesaria a participación do lector. Con moitos títulos publicados, este ilustrador francés organiza talleres con nenos por todo o mundo que veñen sendo sesións de arte en directo. Opina que "a arte non é un fin senón un medio". Tamén dí que non hai
cadros bonitos ou feos... El confía na intuición dos nenos e nunhas
dinámicas de grupo para crear arte en colaboración. Ten outro libro que vos recomendo: "Divírtete. Talleres de Arte con Hervé Tullet (Editorial Phaidon) onde propón actividades artísticas para potenciar o noso lado máis creativo. Unha boa "lectura-inspiradora" para o verán!
Nuria e Pablo trouxéronnos tamén un títere de calcetín feito pola avóa de Iago e outros para cada neno en cartulina que despois pintamos como quixeron e convertimos en títeres de pao.
Pasamos un rato moi divertido! Moitas grazas por vir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!