mércores, 4 de novembro de 2020

Plantando bulbos no outono

 No mes de outubro pedímoslles aos nenos que nos trouxeran tazas que tivesen pola casa e nelas plantamos bulbos de xacintos. As tazas fixeron de macetas. Nun barreño mesturamos a terra con area para que fose máis esponxosa e botamos moi pouca auga... Agora toca esperar!. Están impacientes para ver a quén lle agroma antes. E apenas 15 días despois xa asomou o primeiro!

 


Pintando con só dúas cores

A premisa era pintar cunha sóa cor e engadir despois algún detalle en negro. Poderíamos crear algo coa misma expresividade que empregando todas as cores e compartindo os botes de pintura e pinceles coma facíamos sempre? Visto o que fixeron a maioría, parece que a cantidade de material non é o único que precisamos para ser creativos...

 







domingo, 1 de novembro de 2020

Un longo bosque de tiras...

 Ao día seguinte da saída a Castrigo fixemos esta actividade. Tiñan que rachar cos dedos tiras estreitas de cartulina para facer troncos e polas de árbores, altos, baixos, delgados ou grosos... Despois había que pegalos e pintar o fondo. Mentras rachaban as tiras ibamos falando dos diferentes troncos que coñecíamos. Traballaron a destreza motriz e aínda que primeiro pensaron que era bastante doado, comprobaron que rachar tiras dunha medida determinada era máis complicado do que pensaban... Pouco a pouco conseguimos un longo bosque que cubría todo o ventanal da clase.


sábado, 31 de outubro de 2020

Xogando coas letras

 

Xogamos coas letras: fixemos carteis coas letras do abecedario e repartímosllas aos nenos e nenas. Despois, como se fósemos unha imprenta humana, compuxemos palabras. Fomos facendo preguntas e traballamos a conciencia fonolóxica.:  Cal é a primeira letra de...? Qué pasa si cambio esta letra e poño esta outra no seu lugar? E si as cambio de sitio?. Tamén se diron conta que había cinco nenos que non paraban de salir... e outros en cambio tiñan que esperar máis.





 



 

Visitando o muiño-lavadoiro da Aldea de Castrigo

 Este curso imos precisar facer moitas máis sesións ao aire libre. Unha delas xa é habitual ao longo de moitos anos: a visita á Aldea de Castrigo e a súa zona de muiño e lavadoiro. Unha zona que nos mostra as actividades realizadas durante xeracións, os modos de vida dos antergos... Ademáis está a carón do colexio e disfrutamos dun fermoso paseo entre camiños, leiras e monte observando os cambios estacionais...


  Outro clásico deste paseo que tanto disfrutan é a recollida de canta landra, pao, pedriña e folla atopan.... Cando volvimos estaban felices cos petos cheos!. (E pronto teremos unha sorpresa relacionada con esta zona!!!)

 

e seguimos aquí!

 Despois dos primeiros días veñen outros nos que xa nos fomos acostumando (máis ou menos e case todos) ao novo sistema de traballo, novos xeitos de actuar, coidado dos materiais, outra forma de xogar...

Aínda así botamos moito de menos andar libremente polos recantos que tíñamos, utilizar os materiais comúns  e sobre todo COMPARTIR! 




xoves, 29 de outubro de 2020

Os primeiros días...

  Unha das primeiras cousas que tivemos que modificar foi o de compartir, despois de dous cursos aprendendo a facelo... Nesta montaxe de video vedes as zonas e o material de uso individual. Esto é o que máis lles costa,  acostumados a facelo todo en grupo. Tamén a restricción de movemento que antes podían facer libremente polos distintos recantos... 

Eso sí: disfrutando de xogar e falar a carón dos compañeiros!


domingo, 25 de outubro de 2020

Inicio do curso: apapachando!

 Seique o momento máis difícil antes de comezar  é sempre o primeiro paso... (por eso ata hoxe non daba arrancado a publicar nada)

       
Levamos meses falando de virus, de protocolos, de adaptar espazos nos centros, nas  aulas, aproveitar a contorna natural, dos tempos (acollida, entradas, saídas, vida cotiá), de distancias, dos materiais, de mascarillas, de desinfección, xeles  e lavado de máns, e tamén de programacións, de adaptar as propostas de aula... 

Despois do confinamento volvimos ás clases para "desmontalas", retirar todo, recoller materiais e deixalas preparadas para unha desinfección xeral... (co que nos costou organizar cada recanto😭...)

Pero o máis importante a ter en conta son aos nenos: que estén e se sintan seguros, que aprendan e disfruten no cole a pesar de todo e que se adapten ás novas normas...

Os primeiros días organizamos a clase e aprendemos as novas normas: xel e lavado de mans antes de entrar na clase, nos baños, ao cambiar de actividade e material...

Preparamos zonas delimitadas, materiais de uso  individual (agora botan moito de menos poder compartilo e sobre todo o uso que facíamos dos recantos!)

Preparamos letreiros para a zona de corentena do material e aprendemos a respetar o seu uso, e a Nuria e Abril ocurreuselles dibuxar carteis do coronavirus que aproveitamos para a papeleira Covid...

Tamén temos que respetar as nosas zonas dos corredores, do patio, e a coordinar entradas e saídas coas outras clases... nunca tantas filas fixemos!
Ademáis de compartir, unha das cousas que máis extrañan é non poder tocarse, abrazarse coma antes... O primeiro día unha das nenas comentou toda seria que "esto é moi duro"... Sin embargo cando fixemos unha actividade na que tiñan que dibuxar como se sentían cando escoitaban falar do coronavirus, había moitas caras felices... Pregunteilles o motivo e todos decían: porque quedaban máis tempo na casa cos seus pais. O que máis valoraban do aillamento era ese tempo cos papás!. Tamén dixeron que o primeiro que van facer  "cando esto pase" vai ser darse un abrazo!.
 
 

Eso lembroume unha palabra que lín unha vez: APAPACHAR. Alguén dixo que era a palabra máis bonita do español. É unha voz de orixe  náhuatl que a RAE define como "palmadita cariñosa ou abrazo". Pero os mexicanos teñen unha definición máis poética: "abrazar ou acariciar coa alma".

 Así que, mentras tanto e para todos:

 

mércores, 1 de xullo de 2020

Lia: un reto, un cumple e unha viaxe ás Fragas do Eume.

 Lia acaba de mandarme unhas fotos do reto da torre e quedoulle así de alta!. Para conseguila subeuse á mesa: reto conseguido!
 Tamén fixo unhas manualidades de papiroflexia con estas raniñas que a súa nai aprendeu de pequena. Busqueivos un tutorial (premer aquí) por si o queredes facer cos nenos, logo cada un decorao ao seu gusto. Cóntame Lupe que tamén colaborou moito nas tarefas de casa: aquí quixo axudar a mamá fregando os platos.
 Celebraron o segundo cumple de Jan!

 E disfrutaron dun paseo polas Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro, onde Lia o pasou moi ben  recollendo  "pauciños" e  deixando voar a súa imaxinación imaxinando dragóns durante a visita por este mosteiro cuxos primeiros edificios teñen máis de 1000 anos, está situado no medio da Natureza  e ten un premio europeo á restauración.
 Felices vacacións!

sábado, 27 de xuño de 2020

Guía de lecturas para o verán

   Póñovos aquí a guía de lecturas recomendadas para o verán  que se elaborou desde todas as Bibliotecas escolares do Concello. 

premer na imaxe para abrir a guía

Estos son os recomendados para os primeiros lectores:




martes, 23 de xuño de 2020

Os retos de Iago

Iago mandounos fotos do reto da torre: buscou na biblioteca da avóa e fixo esta que é magnífica!

Fixo este traballo ordenando as letras do abecedario: enfialas todas foi un traballo de precisión!
  Unha das propostas que vos fixéramos era definirnos con números: anos, altura, peso... Despois de case 100 días, somos eso e moito máis!. Cando volvamos algúns de esos números xa terán cambiado moito.
 
Traballou a conciencia fonolóxica escribindo as letras que faltaban...
E foi moi constante levando os rexistros diarios do tempo.

A mascota de Ainhoa

  Adela mandounos un video do grilo que ten Ainhoa como mascota: vese moi ben como "cantan" frotando as aliñas. E debe estar moi ben coidado cando canta tan forte e claro. 
Os grilos anuncian o verán e hai un refrán dí:
 "cando o grilo canta, non fai falta a manta".
              Que este ano poidamos disfrutar das tardes de verán coa música dos grilos!!!