Páginas
mércores, 9 de decembro de 2020
Creando con unha troqueladora
martes, 8 de decembro de 2020
Unha clase de coñecemento no monte
Fixemos unha nova saída cos nenos polo monte cercano ao cole. Unha
clase de coñecemento no medio da natureza: vimos insectos, plantas,
cogumelos, liques, paos, landras, piñas... e intentamos localizar paxaros
observando e escoitando. Foi a actividade máis dificil: intentar gardar silencio e concentrarnos para escoitar o son das follas movidas polo aire e os paxaros... E coma sempre queríamos traelo todo!.
Tamén sairon os nenos de outro grupo de 5 anos. E nós íbamos de guías...
luns, 7 de decembro de 2020
O mural de medo do Samaín
Aquí están os nenos e nenas planificando e creando o noso mural de medo para o Samaín... que outros chaman Halloween. Máis que planificar, foi xurdindo coas aportacións de todos. Uns máis e outros menos, según lles iban xurdindo ideas: que si poñemos morcegos diante da lúa, que si poñemos sangre, pero que brille (puxémoslle barníz), que os fantasmas non destacan (marcaron as siluetas con rotus plateados)...
O tema acabou sendo "unha montaña sangrienta" que tiña casas de medo, tumbas,
e todos os personaxes que nos asustan: zombies, fantasmas, momias, vampiros, morcegos e cabazas terroríficas para enmarcar o mural... Hasta puxeron unha cuna (xa non lembro si era para o bebé da familia de vampiros ou dos fantasmas jeje). E como, casi rematado, nos
quedaba moi blanca a cor do fondo, buscamos en internet outra mestura
que provocara máis medo...
Este foi o resultado!
xoves, 3 de decembro de 2020
Unha "seta pulpo de Tasmania" en Bertamiráns!
Despois do paseo escribimos un texto e dibuxamos as setas pulpo. Foi todo un descubrimento!
martes, 1 de decembro de 2020
Creando coas follas secas
Un dos días que saímos ao souto do Sr Manuel a carón do cole, recollimos follas secas dos castiñeiros e na clase fixemos impresión coas ceras. Despois, a partir das manchas de cores que nos quedaron, deixamos que traballase a nosa imaxinación e foron aparecendo todo tipo de criaturas: animais grandes, insectos, nenos...
luns, 30 de novembro de 2020
Achegándonos á lectoescritura
Algunhas das maneiras nas que a través do xogo e outros medios nos achegamos á lectoescritura...
domingo, 29 de novembro de 2020
Un paseo polo monte de Castrigo
E o que máis nos gustou foi cando atopamos os "peidos de lobo", uns fungos enormes que parecen bolas e logo estrelas reventadas e cheas de esporas...
Aínda
que parece que estamos moi lonxe ese é o montiño a carón da carretera
de Castrigo. Un anaco pequeno pero onde se viron inmersos no medio da
Natureza... Cando volvimos a clase dibuxamolo todo. Algún fixo unhas silvas espectaculares. Pasámolo moi ben!
xoves, 26 de novembro de 2020
Deseñando tazas con grafismos
Moitas veces facemos grafismos dándolle unha volta "práctica".
Traballamos a grafomotricidade decorando as nosas tazas con todo tipo de
deseños que se lles ocurriron. Con estos trazos traballamos a orientación, a planificación, organización e a capacidad de atención. Cada un fixo o que máis lle gustaba. Antes fixemos algúns na PDI. Como Xián insistía que el quería facer dinosauros (como non!) e algunhas tamén querían facer corazóns e flores... e os outros lles decían que eso non era, fixemos unha "negociación" e chegamos a un "acordo" que todos tiñan que cumplir: tres tazas serían con grafismos e a outra sería de deseño libre.... E así nos quedaron algunhas delas:
martes, 24 de novembro de 2020
O día do millo
Tamén falamos dos muiños como o de Castrigo que fomos ver e de como funcionan. E vimos un documental do museo dos muiños de Taramundi.
Como falamos do "DÍA DO MILLO", así con maiúsculas, Telmo pensaba que era pouco menos que unha festa institucionalizada máis. Na nosa clase xa o é!. Unha idea fantástica para propoñerlle a quen corresponda!. De feito hai aldeas que lembran estos traballos, por exemplo en Meiro, Bueu, teñen a Festa do millo corvo (casi negro) que está declarada de Festa de Interés turístico de Galicia. Seguro que son máis!. Ou deberían!.
crebacabezas navideños!
domingo, 22 de novembro de 2020
Observando setas!
Despois, na clase
debuxámolas e escribimos o seu nome. E, non hai como ver unha cousa en directo, senón mirade que detalle teñen os debuxos, que hasta lles dibuxaron os anacos que comeu algún bicho... Chegaron a ser tan grandes que as
podíamos ver desde a nosa ventana e seguir o seu crecemento. Volvín despois para sacarlles máis fotos cando o sombreiro abreu de todo.

martes, 17 de novembro de 2020
Traballando no chan con tizas
Durante algunhas sesións de recreos repartimos tizas brancas e de cor aos nenos. De seguida se soltaron a dibuxar, a facer retratos, formas xeométricas, espirais, escribir os seus nomes e os dos amigos, a facer mariolas, números... O chan e as gradas serviron de improvisada pizarra "dixital" e ademáis pasárono xenial!



















